Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 484

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECIÓN de erros.-Resolución do 14 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente de delimitación do contorno de protección das torres de Allo, no concello de Zas, provincia da Coruña.

Advertida omisión, na devandita resolución, publicada no DOG nº 3, do xoves, 7 de xaneiro de 1999, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 143, debe engadirse o anexo I.

ANEXO I

A-B.-Estrada de Fisterra-A Coruña, no cruzamento sinalado coa estrada CP-1406 que conduce a Pombal.

B-C.-Continuando pola estrada que une Pombal co lugar de Regalados.

C-D.-Camiño veciñal á dereita que conduce ó regato de Esmorís.

D-E.-Camiño de monte que desde o regato de Esmorís enlaza coa pista que vai do Piñeiro a Cebola de Arriba, preto do lugar de Casas Novas.

E-F.-Do cruzamento do camiño con Casas Novas, ó cruzamento de Cebola de Arriba na estrada xeral A Coruña-Fisterra.

F-A.-Estrada A Coruña-Fisterra desde Cebola de Arriba ó cruzamento coa CP-1406.

186