Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 13 de novembro do actual, co quórum legal da maioría absoluta, acordou o seguinte:

«a) Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 2 do plan parcial de ordenación da actuación industrial A Granxa (O Porriño), redactado polo enxeñeiro industrial-director do departamento de obras José Benito Villar López-Caro, dos servicios técnicos do Consorcio da Zona Franca de Vigo, en maio de 1998 e promovida polo devandito Consorcio.

b) Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP e, así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicar este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e, ó mesmo tempo, darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integren a modificación sobre os que recaeu este acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario deste concello, facendo consta-lo dito estremo.

d) A eficacia desta aprobación definitiva e a súa entrada en vigor quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no citado artigo 48 e no 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local.».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o referido acordo os interesados poden interpo-los seguintes recursos:

A) Contencioso administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

B) Calquera outro que estime conveniente.

O Porriño, 25 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

0170