Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 30 de decembro de 1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle presentado por Arconsa Arcade S.L., para reaxuste de aliñacións e rasantes da unidade de execución número 3, segundo

proxecto redactado polo arquitecto Manuel Díaz Rial.

Durante o prazo dun mes contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo seu contido nas dependencias do Concello de Soutomaior e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Soutomaior, 30 de decembro de 1998.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde

11449