Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/108-2, 4994 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Ascatedas-Arotz (Monterroso).

Situación: Monterroso.

Descricións técnicas: liñas de media tensión subterráneas a 20 kV de 820 metros de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV Al. Centro de transformación de 400 kVA relación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión subterráneas de 330 metros de lonxitude en conductor R.V. 0,6/1 kV Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de decembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

11480