Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/199-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Beco-Ventosa.

Situación: Cedeira.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al, de 105 m de lonxitude, con orixe na torre metálica da liña Ventosa-instituto (epxediente 195/1994) e remate na mesma torre unha vez que entra e sae do C.T. A Chousa, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Chousa, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 320 m de lonxitude. Rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 320 m de lonxitude, con orixe no C.T. Régoa-Barral e discorrendo polo lugar. Cedeira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulo III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 9 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11606