Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 455

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1999, dos tribunais números 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado por Orde do 30 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro), polo que se anula unha pregunta do exercicio tipo test.

En sesión ordinaria celebrada o día 11 de xaneiro de 1999, os tribunais número 1 e 2 adoptaron o seguinte acordo:

Detectado erro nunha pregunta do cuestionario do exercicio tipo test da fase de oposición que podería condicionar de maneira importante a contestación daquela, e para garantir que na citada proba debe

permitirse, en todo caso, que se poñan de manifesto as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, os ditos tribunais acordan declarar nula e ter como non posta a pregunta 100 do cuestionario I.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1999.

Joaquín López-Rúa SolerJavier Suárez García

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

11946