Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 455

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de decembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, por Orde do 10 de xullo de 1998 (DOG nº 137, do 17 de xullo), acordouse a resolución parcial da súa provisión por medio da Orde do 9 de setembro de 1998 desta consellería (DOG nº 187, do 25 de setembro), polo que en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e de acordo co establecido na base sexta da citada convocatoria, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria da praza ofertada e pendente de substanciación cos seguintes puntos:

Primeiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I da presente orde.

Segundo.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Denominación: Xefe do Servicio de Asuntos Comunitarios.

Centro Directivo: Secretarío Xeral de Relacións coa U.E. e Acción Exterior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código: PR.P09.00.001.15770.010.

0196