Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 422

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 379/1998, do 29 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Rábade (Lugo), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de dotación de servicios na avenida de Portugal, primeira fase.

O Concello de Rábade (Lugo), en sesión celebrada o día 28 de maio de 1998, aprobou o proxecto de

dotación de servicios na avenida de Portugal, 1ª fase e na sesión do día 21 de setembro de 1998 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 11 de novembro de 1998.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 4 de decembro de 1998, e no que se sinala que a sección proxectada se axustará á nova sección de vía definida no proxecto de modificación nº 3, na que se define unha franxa lindante coa beirarrúa de 4 m de largo cualificada de «espacios libres» e que constitúe unha barreira de protección entre as vivendas e a rúa.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque se trata dunha vía pola que se accede ó colexio público otero predrayo, ó novo instituto de ensino secundario obligatoria, ó polígono industrial e á escola taller, co conseguinte incremento de tráfico que debe verificarse nas millores condicións de seguridade vial.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de decembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Rábade (Lugo) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de dotación de servicios na avenida de Portugal, 1ª fase.

Santiago de Compostela, vintenove de decembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

79