Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do plan parcial do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) de San Lázaro.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 26 de setembro de 1997, aprobou definitivamente o plan parcial do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) de San Lázaro, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

De conformidade co disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse o texto íntegro da normativa urbanística do plan parcial definitivamente aprobado no BOP nº 205, do 7 de setembro de 1998.

Contra o acto de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

0147