Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1998 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de pavimentación da barriada Fonte Santa, Rúa das Estrigueiras, glorieta Paco Leis, rúa Antonio Taboada Nieto e travesía da rúa Salvador Moreno.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

b) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 11.110.000 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías:

a) Provisional: 222.200 ptas.

b) Definitiva: 444.400 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: serán de conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 29 de decembro de 1998.

Juan Luís Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

0146