Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, con data do 14 de decembro de 1998, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do proxecto de urbanización presentado pola entidade LIDL Autoservicio Descuento, S.A., para uns terreos sitos na Avda. Alfonso Molina, s/n, se ben tendo en conta que os sinais R-101 e R-400 se situarán no nariz da illa, segundo sinala o informe da Demarcación Xeral de Estradas.

O que se fai público, significando que contra a presente resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

A Coruña, 22 de decembro de 1998.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

11401