Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/202-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Escarabote-río Coroño.

Situación: A Pobra do Caramiñal e Boiro.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, que parte do C.T. Ribeiriña e remate no C.T. Costadal de 1.169 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV-240 mm Al. L.M.T. subtereránea a 20 kV de C.T. Costadal a C.T. Escarabote de 585 m. Reforma e aumento de potencia do C.T. Ribeiriña, C.T. de 630 kVA. C.T. Costadal tipo prefabricado de 250 kVA B-2 e acoplamento redes de baixa tensión. Concellos da Pobra do Caramiñal e Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 25 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11371