Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/196-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Pontepedra-área de ocio.

Situación: Tordoia.

Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Aldán (expediente 51039) seguida de tramo subterráneo, baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 20 m de lonxitude e remate no C.T. que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada formigón de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Pontepedra-área de ocio. Tordoia

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 25 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11370