Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 15 de decembro de 1998 pola que se notifica trámite de audiencia á empresa Petrogalicia, S.L., no expediente de solicitude de concesión administrativa para construcción dun porto deportivo na Illa de Arousa.

Intentada a notificación á empresa Petrogalicia, S.L., no seu derradeiro domicilio coñecido (rúa Dolores, nº 34, entresollado, 15402 Ferrol) das alegacións presentadas no trámite de información pública do expediente de solicitude de concesión administrativa para a construcción dun porto deportivo na Illa de Arousa, sen que se puidese practicar esta, sendo devolta da documentación polo servicio de correos, emitese cédula de notificación mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol, onde consta o seu derradeiro domicilio coñecido, do trámite de audiencia á empresa Petrogalicia, S.L., no expediente en cuestión, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, poida consulta-lo expediente nas oficinas dos servicios cen

trais do ente público Portos de Galicia, sitas na praza de Europa, 5 A-6º, Área Central, 15707 Santiago de Compostela, e presentar nesas mesmas oficinas cantas alegacións, documentos e xustifiacións consideren conveniente ós seus dereitos.

E para que conste e lle sirva de notificación á empresa Petrogalicia, S.L., e en cumprimento do establcido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expídese a presente cédula, en Santiago de Compostela, o 15 de decembro de 1998.

Manuel García Blanco

Xefe da Área de Planificación e Explotación

11497