Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de decembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Juper número 1, a favor de Juan Manuel Fungueiriño Suárez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de

pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996 do 7 de novembro (D0G nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Juper nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 61.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data de finalización da última prórroga: 15-4-2004.

Anteriores concesionarios: María Mercedes Vicente Vicente (33.194.469) e José Patiño Rodríguez (33.171.272).

Novo titular da concesión e batea: Juan Manuel Fungueiriño Suárez (52.457.119).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 9 de decembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

11623