Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de setembro de 1998 pola que se lle outorga a Aurora Pérez Barreiro permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos, no establecemento chamado A Taberna de Carril, no Carril, Vilagarcía de Arousa.

Visto o expediente iniciado por instancia de Aurora Pérez Barreiro que solicita permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos nas instalacións do bar A Taberna de Carril, que posúe na localidade do Carril, Vilagarcía de Arousa.

Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme a dereito.

Tendo en conta os informes que figuran no expediente, así como a proposta da Delegación Territorial de Vigo do 17-12-1997, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería resolve:

Outorgar a Aurora Pérez Barreiro (DNI 35.419.306), permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: centro regulador de crustáceos.

-Situación: Bar A Taberna de Carril, rúa Xalda nº 3, baixo, O Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

-Especies: boi (Cancer pagurus), cangrexo (Carcinus maenas), centola (Maja squinado), lagosta (Pa

linurus elephas), lumbrigante (Homarus gammarus), nécora (Macropipus puber).

-Superficies:

Dominio público: non ocupa.

Dominio privado: 13 m.

Superficie estabulación: 3 piscinas que fan un total de 13 m.

O permiso de actividade outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Terá unha vixencia de dez anos que se contarán a partir da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia; poderá ser prorrogado discrecionalmente por petición do interesado, presentada nos sesenta (60) días anteriores ó remate da vixencia, por prazos iguais doutros dez anos.

Segunda.-A localización e as obras da instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxecto presentados. O titular do permiso de actividade deberá dar comezo ás obras nun prazo de seis (6) meses, que se contarán desde a publicación no DOG da presente orde e quedarán rematadas no prazo dun (1) ano.

Rematadas as obras, o titular comunicará tal feito á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura, na Orde do 16 de outubro de 1996 sobre centros reguladores de crustáceos, así como a demais normativa vixente aplicable a este tipo de establecementos.

Cuarta.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado as instalacións. Estas non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993 e no artigo 6 do Decreto 193/1997 sinalados.

Sexta.-O outorgamento do permiso de actividade non exime ó seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións que de acordo coa lexislación vixente sexan procedentes.

Sétima.-O interesado xustificará o aboamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou á oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución que é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses,

que se contarán a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

11657