Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: variante saídas L.M.T. subestación-Padrón.
Situación: Padrón.
Descricións técnicas: modificación de liña eléctrica aérea, pasandoa a subterránea entre os apoios nº 1 e 2, en cuadruple circuíto, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 195 m de lonxitude, á súa saída da subestación eléctrica de Padrón. Padrón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta
blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 26 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
11375