Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/218-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. grupo escolar-Río Coroño.

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV que une os C.T. Grupo escolar co C.T. Avda. da Cosntitución, de 755 m de lonxitude en conductor R.H.V.-240 mm Al. L.M.T. subterránea que parte da L.M.T. aérea Boiro-Espiñeira e remate na L.M.T. subterránea Jealfer-Lodeiro, de 1.400 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al. Concello de Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 26 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11374