Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo
coñecido sinalado no anexo, a proposta dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa suficiente para a resolución dos contratos, prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO; Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.
Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación á proposta ante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; poderán achegar por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegarán ou proporán as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por finalizado o trámite e o expediente seguirá o seu curso.
Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 3 de decembro de 1998.
Rosa Gallego Neira
Xefa accidental da área provincial da Coruña
ANEXO
Nº expediente de desafiuzamento: 58/1997.
Adxudicatario: Manuel Porto Fidalgo e herdeiros.
Último domicilio coñecido: rúa do Choupo nº 3, 2º Esqda. (Ferrol).
(0081-C-81, conta 84).
Nº expediente de desafiuzamento: 59/1997.
Adxudicatario: Adoración Borja Camacho e herdeiros.
Último domicilio coñecido: polígono de Vite, bloque 1, p-1, 3º A, r/ Touro (Santiago de Compostela).
(C-82/040, conta 7).
Nº expediente de desafiuzamento: 65/1998.
Adxudicatario: Antonio Gómez Álvarez e Antonio Gómez Campos e herdeiros.
Último domicilio coñecido: grupo Brigantium, vivenda nº 10 (Betanzos).
(C-91, conta 10).
11275