Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998 pola que se renova e amplía a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Euroconsult, S.A. con domicilio en Vía Pasteur, 34, polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela-A Coruña.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción ó Laboratorio Euroconsult, S.A., con domicilio en Vía Pasteur, nº 34, polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela-A Coruña, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

-HC, Área de control de formigón en masa, de cemento, de granulados e de auga co número 15014HC91.

-SV, Área de solos, granulados, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en vías co número 15045SV93.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

11965