Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 238

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (171/1998-10).

Fco. Xavier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 171/1998, por instancia de Robert Hamilton Dolan e axentes da policía nacional números 42315 e 43643, contra Severo Hernández Carnero, e nas súas actuacións en resolución desta data se acordou citar a Robert Hamilton Dolan co fin de que o día vinteoito de xaneiro de 1999, ás doce trinta horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciante, apercibíndoo de que, no caso de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas de que intente valerse.

E que para conste e lle sirva de citación a Robert Hamilton Dolan, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado e selado

11059