Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe de tódolos ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. A súa acreditación dos mesmos correspóndelle ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, por proposta da Dirección Xeral do Servicio Galego de Saúde competente, segundo o disposto no artigo 9 do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Especializada do Servicio Galego de Saúde,
DISPOÑO:
Artigo único.-Noméanse membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, as persoas que se relacionan no anexo.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Relación de novos membros do C.E.I.C. de Galicia
Carlos García Porrúa, facultativo especialista en reumatoloxía do Hospital Xeral Calde de Lugo.
880