Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 186

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 18 de decembro de 1998 pola que se dispón o cesamento dalgúns membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe de tódolos ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. A revogación da súa acreditación correspóndelle ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, por proposta da Dirección Xeral do Servicio Galego de Saúde competente, segundo o disposto no artigo 13 do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Especializada do Servicio Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-O cesamento como membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia,

creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, das persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Relación de persoas que cesan como membros do C.E.I.C. de Galicia

Gonzalo Paz Doel

11944