Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1998, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acor

dou darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos administrativos que se relacionan.

Forma de adxudicación: a totalidade dos contratos que a seguir se identifican foron adxudicados, logo de tramitación do correspondente expediente administrativo, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, ó abeiro do disposto no artigo 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

a) Contratos administrativos de obras.

1. Resolución de licitación: 24 de xuño de 1998. (DOG nº 124, do 30 de xuño).

1.1. Obxecto do contrato: reforma do pavillón polideportivo das Travesas, concello de Vigo (Pontevedra).

Adxudicatario: Necso Entrecanales Cubiertas, S.A.

Importe adxudicación: 202.635.460 pesetas.

Prazo de execución: 5 meses.

Data da resolución: 29 de xullo de 1998.

2. Resolución de licitación: 28 de xullo de 1998.(DOG nº 148, do 3 de agosto).

2.1. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo na estación de montaña de Manzaneda, concello da Pobra de Trives (Ourense).

Adxudicatario: Asfaltos y Construcciones ELSAN, S.A.

Importe adxudicación: 186.991.710 pesetas.

Prazo de execución: 11 meses.

Data da resolución: 1 de setembro de 1998.

3. Resolución de licitación: 15 de outubro de 1998

(DOG nº 204, do 21 de outubro).

3.1. Obxecto do contrato: instalación de piscinas no complexo deportivo Acea da Ma, no concello de Culleredo (A Coruña).

Adxudicatario: A.C.S. Proyectos, Obras y Construcciones, S.A.

Importe adxudicación: 548.428.102 pesetas.

Prazo de execución: 10 meses.

Data da resolución: 26 de novembro de 1998.

3.2. Obxecto do contrato: construcción de campo de fútbol e vestiarios no concello de Carnota (A Coruña).

Adxudicatario: Generoso Angeriz, S.L.

Importe adxudicación: 58.866.427 pesetas.

Prazo de execución: 7 meses.

Data da resolución: 26 de novembro de 1998.

3.3. Obxecto do contrato: construcción de pavillón polideportivo na urbanización Os Tilos, no concello de Teo (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Orega, S.L.

Importe da adxudicación: 86.258.333 pesetas.

Prazo de execución: 210 días.

Data da resolución: 26 de novembro de 1998.

3.4. Obxecto do contrato: construcción de pistas de tenis e instalacións deportivas complementarias no complexo deportivo de Samil, no concello de Vigo (Pontevedra).

Adxudicatario: Obral, Empresa Constructora, S.L.

Importe da adxudicación: 118.821.259 pesetas.

Prazo de execución: 7 meses.

Data da resolución: 26 de novembro de 1998.

3.5. Obxecto do contrato: construcción piscina cuberta e climatizada no concello de Chantada (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Ramirez, S.L.

Importe adxudicación: 189.750.500 pesetas.

Prazo de execución: 12 meses.

Data da resolución: 26 de novembro de 1998.

3.6. Obxecto do contrato: reforma do vestíbulo da sede da Secretaría Xeral para o Deporte, sita no estadio multiusos de San Lázaro, concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

Adxudicatario: Grupo Forma Diseño y Construcción, S.L.

Importe da adxudicación: 8.087.101 pesetas.

Prazo de execución: 2 meses.

Data da resolución: 26 de novembro de 1998

4. Resolución de licitación: 22 de outubro de 1998 (DOG nº 210 do 29 de outubro).

4.1. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón e piscina cuberta no concello de Boiro (A Coruña).

Adxudicatario: NECSO Entrecanales Cubiertas, S.A.

Importe da adxudicación: 337.271.150 pesetas.

Prazo de execución: 20 meses.

Data da resolución: 3 de decembro de 1998.

b) Contratos de consultoría e asistencia:

1. Resolución de licitación: 29 de xullo de 1998 (DOG nº 149, do 4 de agosto).

1.1. Obxecto do contrato: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de bancadas e vestiarios en campos de fútbol, no concello de Abegondo (A Coruña).

Adxudicatario: Estudio Naos Arquitectura S.L.

Importe da adxudicación: 4.900.000 pesetas.

Prazo de execución: 35 días.

Data da resolución: 4 de setembro de 1998.

2. Resolución de licitación: 2 de outubro de 1998 (DOG nº 198, do 13 de outubro).

2.1. Obxecto do contrato: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de pista polideportiva cuberta no concello de Guntín (Lugo).

Adxudicatario: Q.R.C. Arquitectos, S.C.

Importe da adxudicación: 2.140.000 pesetas.

Prazo de execución: 30 días.

Data da resolución: 2 de decembro de 1998.

2.2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de piscinas descubertas municipais no concello da Gudiña (Ourense).

Adxudicatario: José Luis Basanta Cillero.

Importe da adxudicación: 1.550.000 pesetas.

Prazo de execución: 35 días.

Data da resolución: 26 de novembro de 1998.

2.3. Obxecto do contrato: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de pista de atletismo de catro rúas (seis na recta) na Pinguela, concello de Monforte de Lemos (Lugo).

Adxudicatario: Eduardo Herráez Fernández.

Importe da adxudicación: 1.700.000 pesetas.

Prazo de execución: 25 días.

Data da resolución: 26 de novembro de 1998.

c) Contratos administrativos de subministracións:

1. Resolución de licitación: 10 de agosto de 1998 (DOG nº 176, do 10 de setembro).

1.1. Obxecto do contrato: contrato de subministración para a adquisición de equipamento da pista de atletismo das Pedreiras, no concello de Lugo (Lugo).

Adxudicatario: deserto.

Data da resolución: 14 de outubro de 1998.

d) Contratos privados.

1. Resolución de licitación: 8 de setembro de 1998 (DOG nº 180, do 16 de setembro).

1.1. Obxecto do contrato: contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos e asistencia sanitaria.

Adxudicatario: Asisa

Importe da adxudicación: 18.657.111 pesetas.

Prazo de execución: 1 ano.

Data da resolución: 26 de outubro de 1998.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1998.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

11240