Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 162

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (87/1998).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 87/1998 se segue xuízo de faltas sobre insultos e

axentes da autoridade no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o once de novembro de mil novecentos noventa e oito. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 87/1998, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, son parte denunciante os axentes da Policía Nacional con carnés profesionais 38.551 e 44.563; e aparece como parte denunciada Antonio García Varela, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo condenar e condeno a Antonio García Varela como autor responsable dunha falta de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade do artigo 634 do Código Penal á pena de 20 días de multa a razón de 300 ptas./día con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime de arresto de fin de semana; así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito, ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado, Antonio García Varela, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o dezanove de novembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

11407