Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 118

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 4 de xaneiro de 1999 pola que se regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión das axudas ós productores de determinados cultivos herbáceos na campaña de comercialización 1999/2000 e das primas en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, dos productores de carne de vacún e dos que manteñan vacas nutrices para o ano 1999 na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento (CEE) 3508/1992 do Consello, do 27 de novembro, establece un sistema integrado de xestión e control de determinados réxímes de axuda comunitarios, que ten como obxectivo fundamental incrementa-la eficacia e rendibilidade dos mecanismos de xestión e control, coa finalidade de que non se perciba unha dobre axuda con base a unha superficie concreta ou por un animal determinado.

No Regulamento (CEE) 3887/1992, da Comisión, do 23 de decembro, establécense as normas de aplicación do sistema integrado de xestión e control relativo ós réximes de axuda ós productores de determinados cultivos herbáceos e de prima en favor dos productores de carne de vacún e de carne de ovino e caprino.

Polo que se refire a cultivos herbáceos, o Regulamento (CEE) 1765/1992, do Consello, do 30 de xuño, estableceu un réxime de apoio ós productores de cereais, oleaxinosas, proteaxinosas e de liño non téxtil, baseado na concesión de pagamentos compensatorios, por unha superficie que estea sementada de cultivos herbáceos ou que fora retirada do cultivo e que non exceda dunha superficie básica rexional.

As disposicións de aplicación dos pagamentos compensatorios mencionados establécense nos Regulamentos (CE) da Comisión 1586/1997, do 29 de xullo, 658/1996, do 9 de abril, e 762/1994, do 6 de abril.

Noutra orde de cousas, o Regulamento (CE) 1577/1996, do Consello, do 30 de xullo, polo que se establece unha medida específica en favor de determinadas leguminosas de gran, recolle unha axuda por hectárea para as sementes de lentellas, garavanzos, vezas e ervellas brava, cunha superficie máxima garantida de 400.000 ha para o conxunto da Unión Europea. Así mesmo, establece que se aplicará o sistema integrado de xestión e control á devandita medida.

As disposicións de aplicación do citado regulamento establécense no Regulamento (CE) 1644/1996, da Comisión, do 30 de xullo.

Polo que se refire ás primas gandeiras, o Regulamento (CEE) 805/68 do Consello, do 27 de xuño, polo que se establece a organización común de mercados no sector da carne de vacún, establece, nos seus artigos 4 ter e 4 quinque, respectivamente, unha prima especial en beneficio dos productores que manteñan na súa explotación bovinos machos, e unha prima en beneficio dos productores que manteñan na súa explotación vacas nutrices. Por outra parte, neste último caso, establécese, desde o ano 1993, un límite individual por productor de dereitos á prima.

Así mesmo, o artigo 4 octies do mesmo regulamento dispón que o número de animais subvencionables estará limitado pola aplicación dun factor de densidade gandeira por explotación.

As disposicións de aplicación destas primas, nos seus aspectos máis específicos, recóllense no Regulamento (CEE) 3886/1992 da Comisión, do 23 de decembro.

Por outra parte, o Regulamento (CE) 2467/1998, do Consello, do 3 de novembro, polo que se establece a organización común de mercados no sector das carnes de ovino e caprino, recolle, no seu artigo 5, a concesión dunha prima en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, co obxecto de compensa-la perda da renda destes durante a campaña de comercialización. Así mesmo, establécese a partir da campaña 1993, un límite individual de dereitos á prima por productor.

Por último, o Regulamento (CE) 820/1997, do Consello, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina e relativo ó etiquetado da carne de vacún e dos productos a base de carne de vacún, incorpora requisitos relativos á identificación e o rexistro dos animais da especie bovina aplicables á prima por vaca nutriz e á prima especial por xato.

Polo Real decreto 2721/1998, do 18 de decembro, sobre determinadas axudas comunitarias no sector agrario, determínase o marco básico da tramitación, resolución, pagamento e control desas axudas en España.

De acordo coa normativa comunitaria aplicable, basicamente o Regulamento 729/70, do Consello, do 21 de abril, desenvolvido polo Regulamento 1663/1995, da Comisión, do 7 de xullo, e o Real decreto 2206/1995, do 28 de decembro, que crea o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) como organismo de coordinación dos diversos organismos pagadores que puidesen constituírse nas distintas comunidades autónomas, constituíuse en Galicia, como organismo pagador dos gastos financiados polo FEOGA-Garantía, o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (ILGG) segundo o disposto no Decreto 359/1996, do 13 de setembro, modificado polo Decreto 93/1998, d0 20 de marzo.

Ademais, este instituto, creado pola Lei 7/1994, do 29 de decembro, ten atribuídas, entre outras, competencias para a xestión das accións derivadas da política agrícola común (PAC), o que se desprende tamén do disposto no Decreto 128/1996, do 14 de febreiro, que desenvolve a anterior, e establece a súa estructura orgánica, así como no Decreto 25/1997, do 22 de xaneiro, que modifica o anterior.

De acordo con todo o anterior, a razón da presente orde, sen prexuízo da aplicabilidade directa da normativa comunitaria correspondente que en parte se transcribe para unha maior operatividade, é defini-las normas de aplicación e o procedemento para a tramitación e concesión das respectivas axudas nesta Comunidade Autónoma, determinando a súa imputación económica con cargo ó seu orzamento para o exercicio de 1999.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988,

DISPOÑO:

Capítulo I

Xeneralidades

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito.

1. A presente orde regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión ós titulares de

explotacións agrarias situadas en Galicia das seguintes axudas para o ano 1999:

a) Os pagamentos compensatorios establecidos no Regulamento (CEE) 1765/1992, do Consello, do 30 de xuño, ós productores de determinados cultivos herbáceos.

b) As axudas por superficie para certas leguminosas gran (lentellas, garavanzos, vezas e ervellas bravas), establecidas no Regulamento (CE) 1577/1996 do Consello, do 30 de xullo.

c) A prima especial ós productores de carne de vacún establecida no artigo 4 ter do Regulamento (CEE) 805/1968.

d) A prima en beneficio dos productores que manteñan na súa explotación vacas nutrices, establecida no artigo 4 quinque do Regulamento (CEE) 805/1968 do Consello.

e) A prima en beneficio dos productores de ovino e caprino establecida no Regulamento (CE) 2467/1998.

2. Para os efectos do disposto na presente orde, para que unha explotación agraria se considere sita en Galicia, deberá atoparse nunha das dúas situacións seguintes:

a) No caso de que o productor presente solicitude de axuda por «superficies» ou declaración de superficies forraxeiras, cando a maior parte da superficie das parcelas relacionadas na dita solicitude se atope en Galicia.

b) Nos demais casos, cando a maior parte da superficie da explotación dedicada á alimentación do gando polo que se solicite a prima se atope en Galicia.

Artigo 2º.-Condicións das solicitudes de axuda.

1. Os interesados en obter estas axudas deberán presentar unha única solicitude para tódalas que solicite. Non obstante, para a prima especial ós productores de carne de vacún poderanse presentar solicitudes complementarias á primeira.

2. As solicitudes realizaranse nos formularios que se indican no anexo I. O ILGG, para facilita-la tramitación das axudas ós productores que as solicitaron en 1998, poñerá a disposición destes, nas axencias de Extensión Agraria, formularios personalizados contendo a información do ano 1998 para que sexa actualizada coa esixida pola normativa reguladora das axudas para 1999.

3. A solicitude deberá ser asinada polo titular da explotación ou persoa debidamente autorizada por el no seu nome.

4. Coa solicitude xuntaranse, ademais dos específicos de cada tipo de axuda, os seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI e NIF do solicitante e do cónxuxe, no caso de novos solicitantes ou variación dos datos da solicitude preimpresa. No caso de que o DNI xa leve a letra do NIF, non será necesario presentar fotocopia do NIF.

b) Certificado bancario indicando o código conta-cliente da titularidade do solicitante, para a transferencia das axudas, no caso dos novos solicitantes ou variación dos datos da solicitude preimpresa.

Artigo 3º.-Prazo de presentación e de admisión de solicitudes.

1. O prazo para a presentación das solicitudes de axuda e da declaración de superficies forraxeiras empezará o día seguinte ó da publicación da presente orde no DOG e rematará o 12 de marzo de 1999.

2. Malia o previsto no punto 1, no que se refire a prima especial ós productores de carne de vacún, poderanse presentar solicitudes ata o 15 de decembro de 1999, cando se refiran ós bovinos machos castrados ou aqueles bovinos machos non castrados de idade comprendida entre os oito e os vinte meses.

3. De acordo co previsto no Regulamento (CEE) 3887/1992, as solicitudes presentadas dentro dos vintecinco días naturais seguintes ó remate do dito prazo serán aceptadas, pero o importe das axudas reducirase nun 1% por cada día hábil de atraso, agás que este se producise por causas de forza maior. Se a declaración de superficies forraxeiras se presentase dentro do citado prazo de vintecinco días, a penalización do 1% por cada día hábil aplicarase, ademais, sobre o importe das axudas no sector vacún, con independencia de que as solicitudes correspondentes a aquel se presentasen dentro de prazo establecido.

As solicitudes presentadas transcorridos vintecinco días naturais despois de rematado o prazo mencionado nos puntos 1 e 2, consideraranse como non presentadas.

Artigo 4º.-Lugar de presentación das solicitudes.

Sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, as solicitudes de axuda presentaranse, preferentemente, nas axencias de Extensión Agraria da comarca na que está situada a explotación ou, se é o caso, onde estea a maior parte da superficie da relación de parcelas agrícolas incluídas na solicitude de axuda de superficie.

Artigo 5º.-Definicións.

No marco do «sistema integrado» e para os efectos da presente orde, entenderase por:

1. «Titular da explotación», o productor agrícola individual, persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, cando a súa explotación se atope no territorio do Estado español.

2. «Explotación», o conxunto de unidades de producción xestionadas polo seu titular que se encontren no territorio do Estado español.

3. «Parcela agrícola», a superficie continua de terreo na que un único titular de explotación realice un único tipo de cultivo.

4. «Superficie forraxeira», as parcelas agrícolas da explotación, incluídas as partes das parcelas agrícolas utilizadas en común, que estean dispoñibles, cando menos, durante os sete primeiros meses do ano, para a cría de bovinos, ovinos e caprinos.

Poderanse computar como superficies forraxeiras as parcelas agrícolas cultivadas dalgún producto elixible, sempre que se declaren como tales e cumpran os requisitos enunciados no parágrafo anterior; neste caso non percibirían os pagamentos compensatorios correspondentes ós cultivos herbáceos.

Non se contabilizarán nesta superficie as construccións, os bosques, os depósitos, os camiños e as parcelas que se empreguen para outras produccións beneficiarias dun réxime de axuda comunitario, ou que se utilicen para cultivos permanentes ou hortícolas ou cultivos ós que se lles aplique un réxime similar ó establecido para os productores de determinados cultivos herbáceos.

5. «Productor de carne de vacún», o gandeiro, persoa física ou xurídica ou agrupación destas, cando a súa explotación se encontre no territorio español e que se dedique á cría de animais da especie bovina.

6. «Bovino macho», o bovino macho vivo que na data inicial do período de retención previsto no artigo 19, teña entre 8 meses, como mínimo, e 20 meses como máximo.

7. «Vaca nutriz», a que pertenza a unha raza cárnica ou que proceda dun cruzamento con algunha desas razas e que forme parte dun rabaño que estea destinado á cría de xatos para a producción de carne, así como a xovenca xestante que cumpra estas condicións e substitúa a unha vaca nutriz. Non se considerarán vacas de razas cárnicas as pertencentes ás razas bovinas enumeradas no anexo VII.

8. «Productor de carne de ovino e caprino», o gandeiro individual, persoa física ou xurídica, que asuma de forma permanente os riscos e a organización da cría de, cando menos, dez ovellas e, en todo caso dez ovellas ou cabras nas explotacións sitas nas provincias de Ourense e Pontevedra ou nas zonas de montaña das de Lugo e A Coruña, tal como se describe no artigo 23 do Regulamento (CE) 950/1997, do Consello, do 20 de maio, relativo á mellora da eficacia das estructuras agrarias.

9. «Productor en zona desfavorecida», cando a súa explotación estea situada nas zonas definidas nos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento (CE) 950/1997.

No caso de que teña unidades de producción en distintas zonas, tamén será considerado productor en zona desfavorecida cando polo menos o 50 por 100 da superficie utilizada para a alimentación de gando ovino e caprino estea en zona desfavorecida.

10. «Ovella ou cabra elixible», toda femia da especie ovina ou caprina que parira, cando menos, unha vez, ou que teña cumprido, como mínimo, un ano o último día do período de retención.

11. «Productores de años lixeiros», todo productor de gando ovino que comercialice leite de ovella ou productos lácteos a base de leite de ovella.

12. «Productores de años pesados», o resto dos productores de ovino.

13. «Agrupación de productores», calquera forma de agrupación, de asociación ou de corporación que entrañe a existencia de dereitos e obrigas recíprocos entre os productores, sempre que estea debidamente documentada e se demostre que os seus membros asumen persoalmente os riscos e a organización da cría.

Capítulo II

Das solicitudes de axudas por superficies

Artigo 6º.-Sistemas de concesión dos pagamentos compensatorios.

1. O pagamento compensatorio polos cerais, oleaxinosas e proteaxinosas, concederase segundo un sistema:

a) «Xeral» aberto a tódolos productores.

b) «Simplificado» só para os pequenos productores.

2. Os productores que soliciten un pagamento compensatorio de acordo co sistema xeral estarán suxeitos á obriga de retirar da producción un 10% da superficie para a que se solicitan pagamentos compensatorios.

3. Consideraranse «pequenos productores» aqueles que soliciten os pagamentos compensatorios por unha superficie que non sexa maior que a necesaria para producir, de acordo co rendemento cerealista medio da súa rexión de producción, 92 toneladas de cereais.

Os pequenos productores que soliciten un pagamento compensatorio de acordo co sistema simplificado non estarán suxeitos á obriga de retirada de terras da producción.

Artigo 7º.-Superficie mínima pola que se pode solicitar axudas.

1. A superficie mínima pola que se pode solicitar pagamentos compensatorios para cereais, oleaxinosas e proteaxinosas, é de 0,30 hectáreas para cada un dos ditos grupos de productos.

2. Non obstante, no caso dos pequenos productores que opten polo sistema simplificado, o mínimo de 0,30 hectáreas aplicarase ó conxunto dos grupos de productos cereais, oleaxinosas e proteaxinosas.

Artigo 8º.-Contido das solicitudes de axudas para superficies.

1. Na solicitude de axuda para superficies deberase indica-la totalidade das parcelas agrícolas da explotación pero poderanse excluí-las correspondentes a cultivos arbóreos, arbustivos e/ou aproveitamentos exclusivamente forestais diferentes das parcelas computadas como retirada da producción

e das referentes á repoboación forestal segundo o disposto no Regulamento (CEE) 2080/1992, do Consello, do 30 de xuño.

2. Para cada parcela agrícola, deberá, así mesmo, indicarse:

a) A superficie neta, en hectáreas con dous decimais.

b) A especie cultivada, indicando a variedade de acordo co anexo II do Regulamento (CE) 658/1996, cando se trate de colza, e o grupo de cultivo ó que pertence en función da finalidade da declaración realizada, segundo se especifica no anexo II desta orde.

O solicitante diferenciará se a parcela agrícola se debe ter en conta como superficie forraxeira (non percibindo entón pagamentos compensatorios ou axudas por superficie para os cultivos subvencionables sementados nela), ou se está sementada de cultivos subvencionables (cereais, millo regadío, oleaxinosas, proteaxinosas ou leguminosas).

Tamén se especificará, por decisión do solicitante, se o cultivo declarado non se quere ter en conta nin para os efectos de recibi-los pagamentos compensatorios ou axudas por superficie, nin para a súa consideración como superficie forraxeira, para os efectos de cálculo do factor de densidade gandeira.

c) O tipo de barbeito ou de retirada de cultivo, diferenciando entre: barbeito tradicional, retirada obrigatoria (especificando se se trata de fixa, libre, etc.), e retirada voluntaria. Especificarase en tódolos tipos de barbeito se se manterá a terra limpa ou con cuberta vexetal, segundo se indica no anexo IV.

d) As referencias identificativas, que serán as alfanuméricas correspondentes á parcela ou parcelas catastrais que, en todo ou en parte, constitúen a parcela agrícola, e as superficies totais e sementadas nas ditas parcelas.

e) No caso de municipios con catastro renovado, a declaración de superficies deberase facer de acordo co novo catastro.

f) Naqueles termos municipais ou partes deles onde se procedese á concentración parcelaria ou á reordenación da propiedade e para os que non se dispón dun novo catastro, que se indican no anexo V, poderanse admiti-las novas referencias identificativas alfanuméricas contidas nos planos mentres non se dispoña dos novos datos de catastro.

g) Nos casos de superficies forraxeiras de montes veciñais en man común ou similares, utilizadas conxuntamente por varios productores, anotaranse unicamente as referencias catastrais relativas á localización das distintas parcelas (provincia e concello) con indicación expresa do tipo de utilización (uso común) debendo xuntar á solicitude un certificado da autoridade competente segundo o modelo do anexo III.

h) O sistema de explotación, secaño ou regadío, segundo proceda.

i) As superficies ou parcelas agrícolas dedicadas á alimentación do gando ovino ou caprino, nos casos previstos no artigo 16º.

Artigo 9º.-Documentación complementaria das solicitudes de axudas por superficies e declaración de superficies forraxeiras.

Ademais da documentación indicada no punto 4 do artigo 2º, as solicitudes de axuda para superficies ou declaración de superficies forraxeiras deberán ir acompañadas de:

a) No caso de montes veciñais en man común ou similares, utilizadas conxuntamente por varios productores, certificado da autoridade competente, segundo o modelo do anexo III.

b) No caso de parcelas catastrais con superficie catastral superior a 10 ha e declaradas parcialmente, bosquexos acoutados que permitan situar e localiza-las parcelas agrícolas (agás montes veciñais e man común ou similares).

c) Documento xustificativo das prácticas agronómicas da explotación, no caso en que o barbeito branco, respecto á superficie de secaño para a que se solicitan pagamentos compensatorios, sexa menor, en máis de 10 puntos, ó correspondente coeficiente comarcal.

d) Para as superficies de regadío, certificado expedido polas xerencias territoriais do catastro no que se acredite a superficie de regadío das parcelas catastrais que forman parte das parcelas declaradas. Quedarán exentos desta obriga os solicitantes que presentaran o certificado precitado en campañas anteriores para a mesma parcela.

e) No caso de superficie forraxeiras utilizadas en común o certificado de adxudicación expedido pola autoridade competente, no que se exprese o nº de hectáreas asignadas e o período de utilización asignados para a campaña 1999.

f) Nos controis que se efectúen, poderáselle pedir ó titular da explotación que acredite a titularidade das parcelas e, se é o caso, que presente as facturas de compra das sementes utilizadas na súa sementeira, así como outra documentación complementaria xustificativa das circunstancias indicadas na solicitude.

A xustificación insuficiente destes requisitos poderá dar lugar á exclusión das parcelas controladas das axudas.

Artigo 10º.-Modificación das solicitudes de axudas por superficies e os seus requisitos.

1. De acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (CEE) 3887/1992, da Comisión, do 23 de decembro, os titulares de explotacións agrarias que presentasen as solicitudes de axuda «superficies», poderán modificalas, sen penalización ningunha, ata o 15 de maio de 1999, tendo en conta o seguinte:

a) Non poderán engadirse novas parcelas agrícolas salvo en casos especiais, debidamente xustificados mediante título lexítimo, tales como casamento, falecemento, compravenda e arrendamento.

b) Nos casos de parcelas de retirada da producción ou de superficies forraxeiras, será necesario, ademais, que as parcelas que se pretendan engadir fosen declaradas como retiradas da producción ou como superficies forraxeiras nunha solicitude doutro agricultor, e que esta solicitude se corrixise convenientemente.

c) Cando un agricultor decida utilizar para un cultivo afectado polo sistema integrado, unha parcela agrícola inicialmente declarada para cultivo non afectado polo sistema integrado, poderá incrementa-lo número de parcelas retiradas sempre que estas foran anteriormente declaradas, e cumpran os requisitos esixidos, para as parcelas de retirada, no artigo 3 do Regulamento (CE) 762/1994, da Comisión, do 10 de abril.

2. De conformidade co previsto no último parágrafo da letra a) do punto 2 do artigo anteriormente citado, unha parcela poderá eliminarse da solicitude de axuda «superficies» sempre que o agricultor llo notifique por escrito ó ILGG, antes de que este organismo lle dirixa cualquera comunicación relativa ós resultados dos controis administrativos que teñan consecuencia sobre a parcela en cuestión, ou anunciando unha visita de inspección á explotación de que se trate.

3. As modificacións das solicitudes de axudas por superficies recollidas neste artigo, presentaranse no mesmo tipo de impresos específicos de superficies indicadas no anexo I, especificando o número de expediente asignado á súa solicitude, o dato ou datos suxeitos a modificación e a súa documentación xustificativa. Esta documentación presentarase onde se presentou a solicitude.

Artigo 11º.-Notificación de non sementeira.

1. De conformidade co establecido no artigo 9 do Regulamento (CE) 658/1996, do 9 de abril, a data límite de sementeira para o millo doce será o 15 de xuño de 1999 en todo o territorio galego. Así mesmo, a data límite de sementeira para os cultivos de millo, xirasol e soia, será o día 31 de maio de 1999 nas zonas especificadas para España no anexo IX do dito regulamento.

2. Os titulares de explotacións agrarias situadas nas ditas zonas que á data límite do 31 de maio de 1999 non sementasen na súa totalidade a superficie de millo, xirasol e soia prevista na súa solicitude de axuda «superficies», ou se é o caso, na solicitude de modificación, deberán notificalo antes do día 1 de xuño de 1999 na forma que, segundo o caso, se indica a continuación:

a) Os que non sementasen parte da superficie declarada de millo, xirasol ou soia, deberán cubri-lo formulario para a solicitude de axuda «superficies»

indicado no anexo I, modelo S2, onde, na súa cabeceira, escribirán, con letras maiúsculas, a frase «notificación de non sementeira», e citaranse as parcelas que non foran sementadas, así como o cultivo, millo, xirasol ou soia, de que se trate.

b) Os que non realizasen ningunha sementeira dos anteditos productos nas superficies declaradas, deberán comunicalo, facendo consta-los datos mínimos que figuran no modelo do anexo VI.

3. Os titulares de explotacións agrarias que na data límite do 15 de xuño de 1999 non sementasen na súa totalidade a superficie de millo doce prevista na súa solicitude de axuda «superficies» ou, se é o caso, na solicitude de modificación, deberán comunicalo antes do día 16 de xuño de 1999 na forma que, segundo o caso, se indica nas letras a) e b) deste mesmo punto, utilizando para iso o impreso de «notificación de non sementeira» correspondente ou segundo os datos mínimos que figuran no anexo VI, respectivamente.

As notificacións, na forma e prazos anteriormente indicados presentaranse, preferentemente, do mesmo xeito que se presentou a solicitude de axuda.

Capítulo III

Das solicitudes de primas gandeiras

Artigo 12º.-Beneficiarios da prima por vaca nutriz.

Poderán ser beneficiarios da prima por vaca nutriz, os productores que así o soliciten, teñan asignados dereitos individuais de prima e posúan un rabaño de vacas destinadas á cría de xatos que se axusten á definición de «vaca nutriz» recollida no artigo 5º.7, asuman os compromisos recollidos nos artigos 19º e 21º e se atopen incluídos nalgún dos seguintes supostos:

a) Que non vendan leite ou productos lácteos procedentes da explotación o día da presentación da solicitude.

b) Que, aínda vendendo leite ou productos lácteos, se trate exclusivamente de venda directa na explotación.

c) Que, aínda vendendo leite ou productos lácteos e non tratándose exclusivamente de venda directa na explotación, teñan unha cantidade de referencia individual asignada de venda a compradores sumada, se é o caso, a de venda directa, ó inicio do período 1999/2000, igual ou inferior a 120.000 quilogramos.

Neste último caso, o número de «vacas nutrices» polo que poderá solicita-la prima non poderá ser superior ó número das destinadas á cría de xatos para a producción de carne nin á resultante de restarlle ó número total de vacas presentes na explotación o número de vacas leiteiras necesarias para produci-la cantidade de referencia atribuída ó productor.

Artigo 13º.-Beneficiarios da prima ós productores de ovino e caprino.

Poderán ser beneficiarios da prima por ovella e cabra, os productores de carne de ovino e caprino, tal como se definen no artigo 5.8º da presente orde que o soliciten, e teñan asignado un límite individual de dereitos á prima e asuman os compromisos recollidos no artigo 19º.

Artigo 14º.-Beneficiarios da prima especial ós productores de carne de vacún.

Poderán ser beneficiarios da prima especial, os productores de carne de vacún que o soliciten, manteñan bovinos machos na súa explotación para o engorde e asuman os compromisos recollidos nos artigos 19º e 20º. A prima especial concederase dentro do límite máximo nacional mencionado no seguinte artigo, por un máximo de noventa animais por tramo de idade e explotación.

Artigo 15º.-Reducción do número de animais con dereito a prima por superación dos límites.

1. Conforme o previsto no punto 6 do artigo 38 do Regulamento (CEE) 3886/1992 e no punto 7º do artigo 12 do Regulamento (CEE) 3567/1992, da Comisión, do 10 de decembro, toda solicitude de prima á «vaca nutriz» e de prima en beneficio dos productores de ovino e caprino, presentada para un número de animais que supere ó dos dereitos individuais asignados ó productor en cada un dos réximes, reducirase ata o número de animais correspondentes ós ditos dereitos. Se a solicitude de prima en beneficio dos productores de ovino e caprino corresponde a un rabaño mixto, esta reducción será proporcional ó número de animais de cada especie que compoña o rabaño.

2. Se o número total de animais polo que se presente unha solicitude de prima especial para o primeiro tramo de idade e que respondan ás condicións para seren primados, supera o límite máximo nacional establecido no artigo 4 ter do Regulamento (CEE) 805/1968, o número de animais con dereito a prima por productor reducirase proporcionalmente ata dito límite.

Artigo 16º.-Productores que desexen acollerse á prima específica en favor dos productores en zonas desfavorecidas.

1. Tódolos productores de ovino e caprino deberán indica-los concellos onde estean situadas as superficies que dedican á cría de ovinos e caprinos.

2. Non obstante, cando teñan situadas as súas superficies dedicadas á cría de ovinos e caprinos en termos municipais con distinta catalogación no que se refire a zonas desfavorecidas e zonas non desfavorecidas, deberán face-lo seguinte:

a) Se non presentan a solicitude de axudas «superficies» por non estaren obrigados a iso, indica-la superficie dedicada á cría de ovinos e caprinos en cada concello no formulario de solicitude da prima.

b) Se presentan a solicitude de axudas «superficies», indica-las parcelas agrícolas dedicadas á cría de ovinos e caprinos nos formularios correspondentes á dita solicitude.

3. O ILGG determinará se os productores de ovino e caprino recollidos no punto 1, se axustan á definición de productor en zona desfavorecida á que fai referencia o punto 9 do artigo 5º.

Artigo 17º.-Factor de densidade gandeira da explotación.

1. O factor de densidade gandeira dunha explotación, expresado en número de unidades de gando maior (UGM) en relación coa superficie forraxeira da explotación declarada na solicitude e dedicada á alimentación dos animais mantidos nela, establécese para o ano 1999 en 2 UGM/ ha.

O número de bovinos machos e de vacas nutrices primables estará limitado pola aplicación do factor de densidade ó que fai referencia o punto anterior.

Non obstante, eximirase da obriga de realizar esta declaración ós productores que só soliciten:

-A prima por ovino e caprino, ou

-A prima especial por bovinos machos ou vaca nutriz, cando o número de animais que se deba tomar en consideración para a determinación do factor de densidade non exceda as 15 UGM e non soliciten o importe complementario destas primas.

2. Para a determinación do factor densidade da explotación deberanse ter en conta:

-As vacas nutrices que sexan obxecto de solicitude de prima, así como os bovinos machos e os ovinos e caprinos polos que se solicitan as primas correspondentes con cargo ó ano 1999. Así mesmo, deberán ser tomadas en conta as vacas leiteiras para produci-la cantidade de leite de referencia individual atribuída ó productor ó inicio do período 1999/2000.

-A conversión do número de animais así obtido en UGM farase de acordo coa seguinte táboa de conversión:

Touros, vacas nutrices e vacas leiteiras: 1,0 UGM

Bovinos machos de 6 meses a 2 anos: 0,6 UGM.

Ovellas: 0,15 UGM.

Cabras: 0,15 UGM.

-A superficie forraxeira segundo se define no artigo 5 da presente orde.

3. En virtude do disposto no Regulamento (CEE) 3886/1992, o ILGG determinará e comunicará a cada productor o número de UGM que corresponde ó número de animais polo que se poderán conceder primas no sector de vacún, tendo en conta a superficie forraxeira da explotación de acordo co seguinte cálculo:

nmUGM = (superficie forraxeira determinada x 2) -(VL x 1 + OC x 0,15) sendo:

a) nmUGM: o máximo do UGM con dereito á prima especial e prima ás vacas nutrices.

b) Superficie forraxeira determinada: a declarada ou validada polo ILGG como consecuencia dos controis administrativos ou, se é o caso, a verificada no control, reducida de acordo co disposto no artigo 26º da presente orde.

c) VL: o número de vacas leiteiras necesarias para produci-la cantidade de referencia individual asignada ó productor ó inicio do período 1999/2000, que se obterá mediante o cociente enteiro, por exceso, entre a cantidade de referencia do productor e 4.300, rendemento lácteo medio en quilogramos para España, establecido pola regulamentación comunitaria. Non obstante, se o productor presenta un certificado oficial de control leiteiro, de acordo co Real decreto 1213/1997 (BOE do 8 de agosto), no que figure o rendemento medio da súa explotación, poderase utilizar esta cifra en lugar da de 4.300 quilogramos.

d) OC: o número de ovellas e cabras polas que se solicite a prima correspondente para a campaña de comercialización 1999, ou número de dereitos á prima por ovino-caprino dos que é titular o productor, no caso de que este número sexa inferior.

Artigo 18º.-Identificación e rexistro dos animais.

Tódolos animais polos que se solicite prima deberán estar identificados e rexistrados de acordo co disposto no Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, respecto da especie bovina, e no Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro, en ovinos e caprinos.

Artigo 19º.-Períodos de retención.

1. Os productores deberán manter na súa explotación un número de femias elixibles igual, cando menos, a aquel polo que se solicitase o beneficio da prima por ovino e caprino ou á vaca nutriz durante un período mínimo:

a) De seis meses, a partir do día seguinte ó da presentación da solicitude, no referente a vacas nutrices.

b) De cen días, contados a partir do seguinte ó de remate do prazo para a presentación das solicitudes de prima, para ovino e caprino.

2. Os bovinos machos polos que se solicite a prima deberanse manter na explotación para o seu engorde, durante un período mínimo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data de presentación da solicitude.

3. No que se refire á prima por vaca nutriz e á prima ós productores de carne de ovino e caprino, os productores que, con posterioridade á presentación da solicitude de prima, recibisen do órgano competente a notificación do seu novo límite de dereitos a prima asignados para 1999 e este fose por un número inferior a aquel polo que se solicitase a prima, poderán manter este compromiso unicamente para un número de animais igual ó de dereitos

asignados, redondeado, no caso de vaca nutriz, ó número enteiro máis próximo por exceso.

Non obstante, os productores que soliciten a prima para o gando ovino e caprino non poderán, en ningún caso, reter na explotación un número de femias elixibles inferior a 10, de acordo coa definición de productor de carne de ovino e caprino que figura no punto 8 do artigo 5º.

4. Calquera diminución no número de animais polo que se solicitase a prima, que impida o seu mantemento na explotación nos períodos establecidos nos puntos 1 e 2, deberase comunicar por escrito ó ILGG, no prazo máximo dos dez días hábiles seguintes a partir do coñecemento do feito, con indicación das causas e a súa xustificación.

5. Nas explotacións de gando en réxime de transhumancia ou cando fose necesario traslada-los animais con dereito a prima a unha unidade de producción diferente da indicada na solicitude, o productor queda obrigado a notificarlle este traslado ó órgano ó que dirixiu a solicitude, antes da súa realización, mediante escrito razoado, no que se expresen as causas que van dar lugar ó traslado, así como as datas nas que se producirán os movementos, o número de animais que se van trasladar, coa súa identificación, o termo municipal e os predios ou lugares nos que se encontrarán os animais, para poder efectua-las preceptivas inspeccións.

Artigo 20º.-Compromisos e obrigas relativos á prima especial.

1. Os documentos administrativos ós que se refire o artigo 9 do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, presentados xunto coa solicitude de prima especial correspondentes a cada un dos animais polos que se solicita a prima, permanecerán en poder do ILGG durante o período de retención ó que fai referencia o artigo anterior. Rematado este, a pedimento do interesado, o dito organismo devolveralle os documentos administrativos ó productor, facendo constar neles a situación do animal con respecto ás primas gandeiras.

Para estes efectos, de acordo co punto 2º do artigo 7 do Regulamento (CEE) 3886/1992, respecto dos animais excluídos do beneficio da prima, por aplicación do factor densidade ou do previsto no artigo 15º da presente orde, considerarase que recibiron a prima.

2. No caso de que un bovino macho sexa obxecto dun traslado a outro estado membro da Comunidade Europea, o documento administrativo citado no punto 1 utilizarase como documento administrativo de intercambio comercial, de acordo co disposto na alínea 3 do artigo 3 do Regulamento (CEE) 3886/1992, para os efectos de control no dito estado membro.

3. Igualmente, se un productor establecido en España adquire bovinos machos noutro estado membro, para poder solicita-la prima en España para os mencionados animais, deberalle presentar á auto

ridade ante a que o faga, o documento administrativo de intercambio comercial correspondente, expedido polas autoridades competentes do Estado membro de procedencia ou o documento equivalente que se estableza en aplicación do establecido no Regulamento (CE) 820/1997.

Artigo 21º.-Compromisos e obrigas relativos á prima en beneficio dos productores que manteñan vacas nutrices.

1. Os productores recollidos nas letras a) e b) do artigo 12º non poderán realizar entregas de leite ou productos lácteos procedentes da súa explotación a compradores, durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

2. Os productores recollidos na letra c) do mesmo artigo non poderán incrementa-la súa cantidade de referencia individual de leite asignado por riba dos 120.000 quilogramos, durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

Artigo 22º.-Documentación complementaria das solicitudes de primas gandeiras.

Ademais da solicitude específica do anexo I e da documentación indicada no punto 4 do artigo 2º, os solicitantes de primas gandeiras presentarán a seguinte documentación:

a) Productores de vacas nutrices.

-Unha declaración do solicitante respecto do nº de animais polos que se solicita a prima correspondente e as condicións destos para optar á concesión da axuda, así como a súa localización exacta, para efectos de control, durante o período de retención.

-Unha descrición completa da explotación do solicitante na que se van a mante-los animais obxecto da solicitude.

-Fotocopia da folla de saneamento gandeiro da campaña 1998, indicando nela coas letras VN as vacas que cumpran a condición de vacas nutrices, asinada polo solicitante.

-Se é o caso, fotocopia do documento xustificativo de incorporación de gando vacún á explotación, conforme o Real decreto 1980/1998 do 18 de setembro, na que se sinalarán tamén con VN as vacas que cumpran a condición de nutrices, asinada polo solicitante.

-Se é o caso, unha declaración respecto da venda de leite ou productos lácteos procedentes da explotación do solicitante.

-Se é o caso, as indicacións e compromisos relativos á cantidade de referencia de leite e productos lácteos que o productor ten asignada conforme o Regulamento (CEE) 804/1968.

-Certificado oficial de control leiteiro, indicando o rendemento medio da súa explotación, se este é superior a 4.300 kg/vaca, se é o caso.

-Presentación para o seu exame do libro de explotación gandeira actualizado, e achegará, ademáis, fotocopias da portada e da páxina de actualización de censos, que se incorporarán á solicitude.

b) Productores de ovino e caprino.

-Fotocopia da folla de saneamento gandeiro da campaña 1998, indicando os animais primables.

-Presentación, para o seu exame do libro de explotación gandeira de ovino-caprino, actualizado, e achegará, ademais, fotocopias da portada e da páxina de actualización de censos, que se incorporarán á solicitude.

-Xustificantes, se é o caso, da incorporación de gando á explotación.

c) Productores de carne de vacún.

-Certificado oficial de control leiteiro indicando o rendemento medio da súa explotación, se este é superior a 4.300 kg/vaca, se é o caso.

-Presentación, para o seu exame, do libro de explotación, e achegará, ademais, fotocopia da portada e de cada unha das páxinas nas que figuren anotados xatos polos que solicita prima.

-Documento de identificación de bovinos de cada un dos xatos polos que solicite prima.

Capítulo IV

Controis

Artigo 23º.-Plan de controis.

1. No marco do Plan nacional de controis establecido polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) o ILGG redactará un plan rexional de controis administrativos e sobre o terreo das solicitudes de axudas «superficies» e de primas gandeiras.

2. Estes controis serán realizados polo ILGG, de forma que se asegure a comprobación eficaz do cumprimento das condicións de concesión das axudas e primas establecidas na normativa comunitaria, nacional e nesta orde.

Artigo 24º.-Controis administrativos.

1. En virtude do punto 2º do artigo 6 do Regulamento (CEE) 3887/1992, un dos elementos esencias dos controis administrativos será a realización dos cruzamentos informáticos necesarios cos datos relativos ás parcelas e ós animais declarados, para garantir que non se efectúen pagamentos indebidos e, en particular, evita-la concesión de dobres axudas con cargo a unha superficie concreta ou por un animal determinado para o mesmo ano civil.

2. No caso concreto da prima especial por xato e da prima por vaca nutriz, os controis administrativos comprenderán a comprobación de que tódolos animais para os que se solicitan primas cumpren tódolos requisitos de concesión delas, empregando, para iso, os códigos identificativos dos animais.

Artigo 25º.-Controis sobre o terreo.

1. O ILGG determinará, en cada caso, as solicitudes concretas que se controlarán sobre o terreo, respectando, en todo caso, os criterios que se establezan no plan nacional, conforme o previsto no artigo 35 do Real decreto 2721/1998, do 18 de decembro.

2. Os controis faranse de forma imprevista. Non obstante, poderase avisar anticipadamente ós titulares das explotacións cun prazo non superior ás corenta e oito horas.

3. O ILGG realizará os controis sobre o terreo das solicitudes de «superficies» en tempo hábil, de xeito que permita efectua-las comprobacións regulamentarias das parcelas agrícolas obxecto das solicitudes de axuda.

Artigo 26º.-Penalizacións relativas á solicitude de axuda superficies.

1. De acordo co previsto no artigo 9 do Regulamento (CEE) 3887/1992, cando se comprobe que a superficie determinada efectivamente é superior á declarada será a superficie declarada a que se teña en conta para o cálculo do importe da axuda ou do factor de densidade gandeira da explotación.

2. Cando se comprobe que a superficie declarada é superior á superficie determinada, o importe da axuda ou o factor de densidade gandeira calcularase a partir da efectivamente determinada no control. Sen embargo, agás en caso de forza maior, a superficie efectivamente determinada reducirase:

O dobre da diferencia comprobada, se esta fose superior ó 3 por 100 ou a 2 hectáreas e non superase o 20 por 100 da superficie determinada.

No caso de que o excedente comprobado supere o 20 por 100 da superficie determinada, non se concederá ningunha axuda ligada á superficie.

As citadas reduccións non se aplicarán se, para a determinación da superficie, o agricultor demostrase que se baseou, de forma correcta, en datos oficiais do catastro.

3. Para os efectos do presente artigo, enténdese por superficie determinada aquela para a que tódalas condicións regulamentarias foron respectadas.

Para os mesmos efectos, tomaranse en consideración soamente e por separado as superficies forraxeiras, as correspondentes á retirada de terras da producción e as relativas a distintos cultivos herbáceos ós que se aplique unha axuda diferente.

Artigo 27º.-Penalizacións relativas á solicitude de axuda «animais».

1. De acordo co previsto no artigo 10 do Regulamento (CEE) 3887/1992, cando se comprobe que o número de animais declarados nunha solicitude, reducido, se é o caso, como consecuencia do establecido nos puntos 3 e 4 deste artigo, é superior ó de animais presentes no control, o importe da axuda

calcularase a partir do número de animais comprobado. Se o control se realiza unha vez rematado o período de retención, consideraranse animais presentes os que estean correctamente inscritos nos libros de rexistro da explotación.

Agás en caso do forza maior e despois de aplica-lo disposto no punto 3, ó importe unitario da prima descontaránselle as porcentaxes de penalización especificadas no punto 1º do artigo 8 e máis no punto 2º do artigo 10 do Regulamento (CEE) 3887/1992.

2. Para o cálculo da penalización, ós animais presentes no control sumaránselle-las baixas por causa natural ou por forza maior que foran comunicadas polo gandeiro. Sen embargo, os animais con dereito a prima só serán os presentes máis as baixas por causa de forza maior.

3. No caso de que, por circunstancias naturais da vida do rabaño, o productor non poida cumpri-lo compromiso de retención dos animais polos que solicitara unha prima, manterase o dereito á prima polos realmente subvencionables que foran retidos durante o dito período, sempre que o productor o comunicase por escrito ó órgano ante o que presentou a súa solicitude, no prazo dos dez días hábiles seguintes á comprobación da diminución do número de animais.

4. Cando un productor non puidese respecta-la súa obriga de retención por motivos de forza maior, manterase o dereito á prima polo número de animais efectivamente subvencionables no momento de producirse estes motivos.

5. Para os efectos de aplicación do presente artigo, os animais que se poidan acoller a primas diferentes teranse en conta por separado.

En ningún caso se concederán primas por un número de animais superior ó indicado na solicitude de axuda.

6. De acordo co indicado no artigo 26º, cando o excedente comprobado entre a superficie forraxeira declarada e a superficie forraxeira efectivamente determinada, supere o 20 por 100 da superficie determinada, non se concederán, se é o caso, as primas ó sector vacún ligadas ás ditas superficies.

7. Excluiranse do beneficio da prima os productores de gando vacún cando nos seus animais se descubran residuos de substancias prohibidas ou utilizadas ilegalmente, ou cando teñan na súa explotación, ilegalmente, substancias ou productos non autorizados, de acordo co punto 1º do artigo 4 undécimo do Regulamento (CEE) 805/1968 do consello.

Artigo 28º.-Penalizacións relativas á prima ovino e caprino, no que respecta ós productores ós que fai referencia o artigo 16º.

1. No caso dos productores de ovino e caprino ós que fai referencia o punto 2 do artigo 16º, cando a porcentaxe de superficie situada en zona desfa

vorecida determinada efectivamente sexa inferior ó 50 por 100, non se aboará a axuda específica pagadoira ós productores destas zonas. Ademais, a prima por ovella reducirase nunha porcentaxe equivalente á diferencia entre a porcentaxe efectivamente determinada e o 50 por 100.

2. Malia o establecido no punto anterior, no caso de falsa declaración intencionada ou debida a unha neglixencia grave:

-O productor en cuestión será excluído do beneficio do réxime da prima por ovino e caprino durante a campaña en cuestión e,

-No caso de falsa declaración intencionada, do beneficio do mesmo réxime de prima durante a campaña seguinte.

Artigo 29º.-Causas de forza maior.

1. Sen prexuízo dos supostos concretos que se poidan ter en conta para cada caso, o ILGG poderá admitir, como casos de forza maior os supostos seguintes:

a) O falecemento do productor;

b) Unha invalidez provisional ou permanente do productor, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

c) A expropiación dunha parte da superficie agraria da explotación administrada polo productor, sempre que tal circunstancia non fora previsible no momento da presentación da solicitude;

d) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente a superficie agraria da explotación;

e) A destrucción accidental dos edificios do productor destinados á gandería bovina ou ovina e caprina;

f) Unha epizootia que afecte a todo ou parte do gando bovino ou ovino e caprino do productor.

2. A comunicación dos casos de forza maior e as probas correspondentes deberanse facilitar, por escrito, nun prazo de dez días hábiles a partir do momento en que o titular da explotación se atope en situación de facelo.

Artigo 30º.-Declaracións falsas nas solicitudes de axudas e primas.

Sen prexuízo das responsabilidades penais e administrativas nas que puidese incorrer, de acordo co previsto nos artigos 9 e 10 do Regulamento 3887/1992, se se constatase unha declaración falsa feita por neglixencia grave, o productor en cuestión quedará excluído do beneficio do réxime de axuda ou prima para o ano 1999.

Se a declaración falsa se fixese deliberadamente, no relativo ás superficies incluídas na súa solicitude, o productor quedará, ademais, excluído para o ano 2000 do beneficio de todo réxime de axuda a que se refiren as letras a), b), c), d) e e) do artigo 1º.1

da presente orde, para unha superficie igual á que figuraba na dita solicitude. Se a dita declaración falsa concerne a aspectos relativos á solicitude «animais», o productor quedará excluído do beneficio do mesmo réxime de axuda para o ano de 2000. Para estes efectos as diferentes primas gandeiras teranse en conta por separado.

Capítulo V

Da resolución e o pagamento

Artigo 31º.-Superficie para o cálculo dos pagamentos.

Para os efectos do pagamento das axudas por superficie establecidas no artigo 1º, teranse en conta as declaradas ou as establecidas, en cada caso, polo ILGG, segundo o disposto no artigo 26º.1 da presente orde. Polo tanto, as superficies polas que se presenten solicitudes deberán ser reducidas nos casos que proceda, tendo en conta as disposicións referentes a:

a) Os índices comarcais de barbeito para as terras de cultivos herbáceos de secaño, definidas para a campaña 1999/2000.

b) A retirada do cultivo das terras que se benefician dos pagamentos compensatorios establecidos no Regulamento (CEE) 1765/1992, a normativa específica do réxime de apoio ós productores de sementes oleaxinosas e o uso de terras retiradas para a producción de materias primas con destino non alimentario.

c) A superficie básica rexional, ou a superficie nacional de referencia para España, no que se refire ás oleaxinosas, de conformidade co Regulamento (CEE) 1765/1992.

d) A retirada de terras, de conformidade co Regulamento (CE) 762/1994.

e) As relativas ós controis, establecidas nos Regulamentos (CEE) 3508/1992 e 3887/1992.

Artigo 32º.-Resolución das solicitudes.

O ILGG establecerá, unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo a que se refiren os artigos anteriores, así como comprobado para cada solicitante que se cumpren as condicións de concesión das axudas e primas, e comunicado polo FEGA o importe da eventual minoración que se aplicará ás superficies subvencionables de regadío e a contía da porcentaxe de reducción que se vai aplicar no número de bovinos machos con dereito a prima por productor e demais información que resulte necesaria, para cada unha das solicitudes presentadas no seu ámbito, as superficies e o número de animais con dereito a recibi-las respectivas axudas así como as superficies que poden ser computadas para o cálculo do factor de densidade gandeira da explotación.

Ó mesmo tempo, o ILGG establecerá a relación das solicitudes de axuda que, polas causas previstas nos regulamentos de aplicación, especialmente os

que se refiren á xestión e control integrados, perdan o dereito á obtención das axudas e primas.

Artigo 33º.-Pagamentos das axudas e primas.

1. O ILGG realizará os trámites pertinentes para efectuar, nas datas que se indican, os seguintes pagamentos:

a) Os anticipos correspondentes ós grans oleaxinosos, no sistema xeral previsto no Regulamento (CEE) 1765/1992, antes do 30 de setembro de 1999.

b) Os pagamentos compensatorios para cereais, proteaxinosas e liño non téxtil, así como a compensación por retirada de terras no sistema xeral e os pagamentos compensatorios para os pequenos productores de xirasol, soia e colza que opten polo sistema simplificado, no prazo comprendido entre o 16 de outubro e o 31 de decembro de 1999.

c) As liquidacións correspondentes ós productores de grans oleaxinosos do sistema xeral, no prazo de 60 días seguintes á publicación do seu importe definitivo, conforme o previsto no apartado 1º do artigo 11 do Regulamento (CE) 658/1996, da Comisión, do 9 de abril.

d) A axuda por superficie para a producción de certas leguminosas de gran, no prazo previsto no punto 2º do artigo 2 do Regulamento (CE) 1644/1996, da Comisión, do 30 de xullo.

e) Os anticipos, iguais ó 60 por 100 do importe da prima, correspondentes ás solicitudes de prima especial presentadas durante o primeiro semestre do ano, así como ás solicitudes de vacas nutrices, a partir do 1 de novembro de 1999 (artigo 44 do Regulamento (CEE) 3886/1992).

f) Os pagamentos definitivos, descontados, se é o caso, os anticipos pagados, correspondentes ós gandeiros que manteñan vacas nutrices e ós productores de carne de bovino así como os importes complementarios por extensificación ós que a súa densidade gandeira sexa inferior a 1,4 UGM/ha ou 1 UGM/ha (Art. 4 nonies.1 do Regulamento 805/1968, modificado polo 2222/1996 do Consello), o máis tardar o 30 de xuño do 2000.

g) A prima nacional complementaria ós productores de vaca nutriz, o máis tardar o 30 de xuño de 2000.

h) Os anticipos semestrais equivalentes cada un ó 30 por 100 da prima ovino e caprino estimada de acordo co previsto no Regulamento (CEE) 3013/1989 e para os productores en zonas desfavorecidas a axuda específica prevista no artigo 1 do Regulamento (CEE) 1323/1990, unha vez rematado o período de retención previsto no punto 1 b) do artigo 19º desta orde, trala aprobación, pola Comisión Europea, dos importes unitarios.

i) As primas correspondentes ós productores de ovino e caprino e o saldo, no caso de que se pagaran anticipos, a máis tardar o 15 de outubro de 2000.

2. Os importes unitarios dos pagamentos compensatorios e axudas por superficie para a campaña de comercialización 1999/2000, serán os establecidos pola normativa comunitaria.

3. Os importes unitarios das primas gandeiras para o ano 1999 serán os seguintes:

a) Para a prima por vaca nutriz, 144,9 ECUs por vaca subvencionable, ó que se lle sumará a prima nacional complementaria prevista no artigo 26 do Regulamento (CEE) 3386/1992 de 24,15 ECUs.

b) Para a prima especial, 108,7 ECUs por animal castrado e 135 ECUs por animal non castrado.

c) Para os productores de carne de vacún e os que manteñan vacas nutrices nas explotacións nas que o factor de densidade sexa inferior a 1,4 UGM/ha, o importe complementario previsto no artigo 4 nonies do Regulamento (CEE) 805/1968, será de 36 ECUs por animal subvencionable. Se o factor de densidade da explotación é inferior a 1 UGM/ha, percibirá, en lugar do importe anterior, 52 ECUs por cabeza subvencionable.

d) Para a prima en beneficio dos productores de ovino e caprino, os que estableza a Comisión Europea por ovella e cabra, tendo en conta que o importe da prima ás cabras será do 80 por 100 do correspondente ós productores de años pesados.

Para os productores en zona desfavorecida, tal como se define no punto 9º do artigo 5, de acordo co previsto no Regulamento (CEE) 1323/1990, os importes antes mencionados complementaranse mediante unha axuda específica de 6,641 ECUs por ovella para os productores de años pesados e de 4,589 ECUs por cabra.

4. A conversión dos importes dos pagamentos compensatorios, axudas e primas en moeda nacional efectuarase aplicando:

a) Nos pagamentos compensatorios e axudas por superficie, o tipo de conversión agrícola vixente o 1 de xullo de 1999.

b) Na prima especial e vaca nutriz, o tipo de conversión agrícola vixente o 1 de xaneiro de 1999.

c) Na prima por ovino e caprino, o tipo de conversión agrícola vixente, no que se refire:

-Ós anticipos, o 5 de xaneiro de 1999.

-Ó saldo, o 4 de xaneiro de 2000.

Artigo 34º.-Devolución de anticipos e pagamentos indebidos.

1. Cando os productores deban devolve-los anticipos recibidos ou calquera outro pagamento percibido indebidamente, deberán reembolsa-los seus importes xunto cos xuros correspondentes ó tempo transcorrido entre o pagamento e o dito reembolso. Calcularanse de acordo co tipo de xuro de demora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.

2. Non obstante, cando o pagamento indebido se realizase por erro imputable á Administración competente, non se aplicará ningún xuro.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para a concesión destas axudas existe crédito axeitado e dabondo con cargo ós orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para 1999, nas seguintes aplicacións de orzamentos de gastos do ILGG:

09.50.614A.774-Ordenación, reestructuración, fomento e mellora da producción agraria. Axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC con 2.000 millóns de pesetas.

04.50.712A.774-Fomento do sector gandeiro, axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC, con 835.500.000 pesetas.

Segunda.-Na aplicación da presente orde teranse en conta as normas básicas contidas no Real decreto 2721/1998, do 18 de decembro, sobre determinadas axudas comunitarias no sector agrario, e particularmente en relación coas solicitudes, compromisos e obrigas de productores ovino-caprino, nos casos de agrupacións de productores segundo se definen no punto 13 do artigo 5º, cesións de rabaños, productores con vínculo salarial, productores de años lixeiros e productores de leite de ovella, así como os productores de arroz, algodón, liño téxtil ou cánabo.

Terceira.-As axencias de Extensión Agraria responsabilizaranse da tramitación das axudas referidas ás explotacións agrarias sitas no seu ámbito de actuación.

Disposición transitoria

As solicitudes formuladas ó abeiro da normativa autonómica, nacional e comunitaria reguladora das axudas a productores de determinados cultivos herbáceos e das primas en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, dos productores de vacún e dos que manteñen vacas nutrices en campañas anteriores, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada, teranse en conta na presente convocatoria. A tramitación dos expedientes continuará no trámite no que se atopaban ó remate do exercicio anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, no ámbito das súas competencias, para dicta-las instruccións precisas para un mellor cumprimento do disposto na presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor ó día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

11560