Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/166-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., A Madanela.

Situación: Vilamartín de Valdeorras.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 100 metros de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 3x95, con orixe no apoio de madeira, que se vai substituír da L.M.T. ó C.T. Rodaleira e con

remate no C.T. aéreo proxectado da Madanela, tipo pé de poste, con 250 kVA e R/T 15.000/380-220 V, en urbanización A Madanela. R.B.T. subterránea de 393 metros en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 16 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

11006