Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/165-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Cerdeira, Nóveas, Pexeirós, Os Cuquexos.

Situación: Os Blancos.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa a 20 kV de 943 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 67 da L.M.T. Xinzo-Blancos-Baltar e que remata no C.T. proxectado tipo intemperie con 100 kVA, R/T 20.000-38 O-220 V. de Pexeirós, e R.B.T. aérea Pexeirós-Os Cunquexos, de 1.855 metros en conductor R.Z., desde o C.T. proxectado de Pexeirós. L.M.T. aérea espida a 20 kV de 786 metros de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 8 da L.M.T. proxectada a Pexeirós e que remata no C.T. proxectado, tipo intemperie con 50 kV R/T 20.000/380-220 V de Cerdeira-Nóveas, e R.B.T. aérea de 1.235 metros en conductor R.Z. desde o C.T. en Nóveas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 16 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10921