Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/107-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación Borreiros.

Situación: Gondomar.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 875 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 6 da L.M.T. Gon 8.22 rematando no C.T. existente de Borreiros, concello de Gondomar.

Resultando que realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, o propietario do predio nº 4 presenta alegacións con

data de entrada 8-9-1998, comunicando que non está de acordo coa traxectoria da liña, por sobrevoa-lo seu predio e face-lo inservible para edificar. Solicita que o trazado se faga lindante a camiños e estradas públicas. Trasladadas as alegacións a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., esta contesta que non é viable a instalación de apoios na zona de influencia de estradas; que si é posible a edificación no seu predio cumprindo as distancias mínimas regulamentarias, e que considera que non se dan as condicións do artigo 26 do Decreto 2619/1966.

Na inspección realizada sobre o terreo comprobouse que a traza da liña non está suxeita ás prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, salvo nos predios números 14 e 15 do parcelario do plano do proxecto nº 418/97-03; que é a alternativa máis idónea dentro das posibles solucións, e que a liña discorre pola actual liña que alimenta o C.T. existente de Borreiros.

Considerando que o predio nº 4 non está suxeito ás prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicvas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 21 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11236