Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/143-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Penalonga-Vilamaior da Boullosa.

Situación: Os Blancos e Baltar.

Descricións técnicas: 3 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª) de 10 metros, con orixe no apoio nº4 da L.M.T. proxectada ó C.T. Covas e remate no apoio nº 2 da L.M.T. Penalonga-Vilamaior da Boullosa. (2ª) de 4.367 metros, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. Penalonga-Vilamaior da Boullosa e remate no apoio nº 1 da L.M.T. proxectada ó C.T. pé de poste de Vilamaior da Boullosa. (3ª) de 10 metros, con orixe no apoio nº 14 da L.M.T. proxectada Penalonga-Vilamaior da Boullosa e remate no apoio nº 1 da L.M.T. existente ó C.T. centro de saúde de Baltar.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 20 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10881