Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 56

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar do sorteo público para determina-los inspectores que formarán parte da comisión que valorará o concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes na Inspección Educativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 8 de outubro de 1998 (DOG do 10 de novembro), pola que se establecen as sedes da inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia e se convoca o procedemento de provisión de postos vacantes nelas, establece no seu artigo 7.1º que a comisión que valorará o concurso de traslado dos inspectores de educación estará formada, ademais do presidente, por catro inspectores de educación designados por sorteo entre funcionarios do corpo de inspectores ó servicio da administración educativa e do corpo de inspectores de educación.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Anuncia-lo sorteo que terá lugar entre os funcionarios pertencentes ó corpo de inspectores ó servicio da administración educativa e do corpo de inspectores de educación para o vindeiro día 8 de xaneiro do 1999, ás 10 horas no edificio que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ten en San Lázaro, nº 107.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

11499