Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 37

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a subministración de vestiario para uso dos obxectores de conciencia da Comunidade Autónoma galega.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración, como expediente anticipado de gasto.

b) Descrición do obxeto: subministración de vestiario para uso dos obxectores de conciencia da Comunidade Autónoma galega.

c) Lugar de entrega: o de destino de cada obxector.

d) Prazo de entrega: quince (15) días contados desde a recepción na empresa do pedido.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 4.750.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisoria: 95.000 pesetas.

b) Definitiva: 190.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 46 42/54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, neste caso se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.

Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses a contar desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou en día inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

11815