Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 36

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se reflicte o acordo de integración do Sindicato Independiente de Trabajadores de la Administración Pública (SITAP) na Unión Sindical Obreira de Galicia (USO-Galicia).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foi presentada a certificación da asemblea xeral do Sindicato Independiente de Trabajadores de la Administración Pública (SITAP), que tivo lugar en Pontevedra o pasado día 9 de outubro, na que se recolle, en cumprimento do disposto no punto 1º do acordo de integración subscrito entre o Sindicato Independiente de Trabajadores de la Administración Pública (SITAP) e a Unión Sindical Obreira de Galicia (USO-Galicia), a aprobación do acordo de integración do Sindicato Independiente de Trabajadores de la Administración Pública (SITAP) na Unión Sindical Obreira de Galicia (USO-Galicia), e certificación da xuntanza do Comité Nacional de USO de Galicia do día 16 de outubro de 1998, na que aproba a fusión por integración na Unión Sindical Obreira (USO-Galicia) do Sindicato Independiente de Trabajadores de la

Administración Pública (SITAP).

Asinan o escrito: por parte do Sindicato Independiente de Trabajadores de la Administración Pública, Florentino Resille Freire, en calidade de presidente, e Ramón Fariña Budelo, en calidade de secretario de actas.

Asinan o escrito por parte de USO-Galicia, José Mª Freire Piñeiro, en calidade de secretario xeral de USO-Galicia, e Celso Tino Domínguez Blanco, en calidade de secretario de actas.

O que se fai público para todo aquel que se considere interesado poida alegar por escrito o que coide procedente, dentro do prazo dos oito días seguintes á publicación deste anuncio, de conformidade co establecido no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

11386