Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T., r/ Moullet del Vallés.
Situación: Padrón.
Descricións técnicas: liña subterránea de media tensión a 20 kV, que aprte da L.M.T. subterránea campo fubol, Avda. de Pontecesures e remata no C.T. tipo interior de 250 kVA, na r/ Moullet del Vallés. Concello de Padrón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 30 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
11347