Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/299-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Sada (Mosteirón).

Situación: Sada.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 193 m de lonxitude, con orixe no apoio a paso aéreo subterráneo, C.T. Sada Pazos e remate no C.T. Fontán-Cemiterio de 465 m d e lonxitude, con orixe no C.T. Fontán lavadeiro e final no C.T. Fontán de 983 m de lonxitude, con orixe no C.T. Fontán e remate no enlace liña a C.T. fronte de xuventudes (expediente 5080) de 293 m de lonxitude, con orixe no C.T. fronte de xuventudes e remate no C.T. Párroco Villanueva de 745 m de lonxitude, con orixe no C.T. Párroco Villanueva e remate no C.T. Sada Tejera. Reforma dos CC.TT. Fontán de 400 kVA, Párroco Villanueva de 400 kVA e Sada Tejera de 630 kVA-RR.BB.TT. sobre apoios formigón e conductor R.Z. de 949 m de lonxitude desde C.T. Barrie.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 30 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11350