Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/152-2, 5057 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro número 4, 27002 Lugo.

Denominación: reforma L.M.T. subterránea e C.T. en Voar (Ribadeo).

Situación: Ribadeo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea al C.T. de Voar de 80 m de lonxitude a 20 kV en tubos de fibrocemento en conductor D.H.Z.1. C.T. de caseta de Voar de 630 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 17 de novembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

11095