Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: variante L.M.T., D.C. San Caetano-Ordes.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: modificado da liña eléctrica, en dobre circuíto, denominada San Caetano-Ordes (expediente 29214) consistente en liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos (2) e con conductor LA-110, de 82 m de lonxitude, en dobre circuíto, nas inmediacións en que a liña cruzase coa autovía Santiago de Compostela-A Lavacolla, en construcción. Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, de 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 13 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
11086