Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.848

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999 intégranse nun novo marco económico derivado da entrada na terceira fase da unión económica e monetaria. Un contexto que virá marcado polo reforzamento das medidas necesarias de disciplina orzamentaria e de control dos prezos que poidan garanti-las hipóteses básicas para continuar e consolidar un novo modelo de crecemento económico equilibrado: importantes incrementos na actividade, con baixos niveis de inflación e, en consecuencia, reducidos tipos de xuro e claras perspectivas de futuro que reforcen as estratexias investidoras e que cerren uns «círculos virtuosos» que nos permitan contar cun contexto económico positivo e estable a longo prazo.

Un dos requirimentos básicos deste novo escenario vén constituído pola continuidade da disciplina orzamentaria, que ten na reducción do déficit unha das súas consecuencias máis evidentes. Pero, ó mesmo tempo, esa esixencia deberá facerse compatible coa diminución doutros déficits que afectan as posibilidades de crecemento económico de Galicia e que reducirían sensiblemente, se non fosen corrixidos, as súas expectativas de converxencia real cos restantes países europeos en termos de maior renda e menor desemprego.

Esta esixencia de converxencia pasa por apostar claramente por políticas de oferta que teñan a súa concreción na obtención de condicións máis competitivas para o conxunto da nosa economía, principio básico que ten o seu reflexo no Plan de crecemento e emprego, que, actuando pola dobre vía de busca-la competitividade dos sectores productivos clave e de reforza-las políticas activas de emprego, pretende aproveitar e potencia-las novas características do contexto económico no que estamos e imos vivir. De aí a necesidade de desenvolver unha estratexia orzamentaria que permita a obtención de recursos adicionais destinados á realización de investimentos en áreas como as infraestructuras, a tecnoloxía, a formación ou a promoción exterior.

As limitacións sobre os gastos de funcionamento dos servicios non afectados á realización das políticas básicas de protección e cohesión social forman parte desa orientación, que lles reserva unha consideración prioritaria ós gastos da reforma educativa implicada no proceso de implantación da LOXSE, así como ás políticas sociais coherentes coa situación dos sectores máis desprotexidos da nosa Comunidade Autónoma.

Polo que respecta ó texto articulado, que mantén a estructura seguida en anos anteriores, introdúcense diversas novidades que perseguen reforza-la disciplina orzamentaria durante o proceso de execución e ó mesmo tempo facilitar en casos singularizados

a posibilidade de acceder a créditos adicionais por medio de xeracións vinculadas á consecución de maiores ingresos.

Incorpóranse así mesmo modificacións que afectan a contía de diversas taxas da Comunidade Autónoma, e mellórase o tratamento das cancelacións de avais constituídos para garanti-lo resultado da liquidación definitiva de subvencións nas que se realizan pagamentos parciais.

Cabe destacar, igualmente, a inclusión en disposicións adicionais da determinación do período de referencia para o cálculo da dotación do fondo de reserva previsto na Lei 12/1995, de creación do imposto sobre a contaminación atmosférica, así como a definición máis precisa da base territorial sobre a que se aplica a exacción do canon de saneamento creado pola Lei 8/1993, reguladora da Administración hidráulica de Galicia.

Finalmente, na execución dos orzamentos da Comunidade Autónoma para 1999, teranse en conta como criterios inspiradores a austeridade, o rigor, a simplificación administrativa, a transparencia e a participación do Parlamento de Galicia no seu control.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

TÍTULO I

Da aprobación dos orzamentos e das súas modificacións

Capítulo I

Os créditos iniciais e o seu financiamento

Artigo 1º.-Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio de 1999, nos que se integran:

a) Os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos seus organismos autónomos.

b) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

c) Os orzamentos dos demais entes públicos ós que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 2º.-Orzamentos da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos con

sígnanse créditos por importe de 979.712.116.000 pesetas. A súa distribución é a seguinte:

OrganismoCap. I-VII

Gastos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

(Miles de ptas.)

Administración xeral597.542.2195.101.00022.866.927625.510.146

OO.AA. administrativos319.241.056240.000319.481.056

OO.AA. comerciais, industriais e financeiros34.414.914306.00034.720.914

Total951.198.1895.647.00022.866.927979.712.116

As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos seus organismos autónomos representan 42.996.026.000 pesetas, distribuídos segundo o seguinte detalle:

OrixeDestino

OO.AA.

administrativos

OO.AA.

comerciais,

industriais e

financeiros

Total

Administración xeral18.910.98824.085.03842.996.026

Dous.-A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese da forma seguinte:

Funcións(Miles de ptas.)

11Alta dirección da Comunidade Autónoma4.158.149

12Administración xeral16.341.109

Funcións(Miles de ptas.)

21Seguridad Social e protección social35.079.353

23Protección civil e seguridade1.759.909

24Promoción do emprego27.002.488

31Sanidade312.146.171

32Educación226.988.625

33Vivewnda e urbanismo22.690.036

34Benestar comunitario16.278.215

35Cultura21.877.428

36Outros servicios comunitarios e sociais13.438.765

41Infraestructura básica e do transporte28.056.627

42Outras infraestructuras13.336.763

43Investigación científica, técnica e aplicada7.410.730

44Información estatística básica810.365

51Actuacións económicas xerais6.157.197

52Comercio2.476.712

53Actividades financeiras6.214.917

61Agricultura, gandería, silvicultura e pesca27.350.809

62Industria1.334.968

63Enerxía3.798.000

64Minería205.000

65Turismo2.030.625

66Industrialización e reordenación industrial9.107.900

67Desenvolvemento empresarial53.656

71Complexo agrogandeiro14.198.992

72Complexo mar-industria11.214.289

73Complexo silvicultura madeira3.156.845

74Complexos prioritarios do sector industrial1.581.755

75Complexo turístico, loxística e servicios a empresas3.883.017

81Transferencias a entidades locais86.371.560

91Débeda pública53.201.141

Total979.712.116

Tres.-A distribución orgánica e económica do orzamento consolidade é como segue:

CapítulosIIIIIIIVVIVIIVIIIIXTotal (Miles de ptas.)

Parlamento1.022.500601.500219.800248.2007.50017.0002.116.500

Consello de Contas474.128125.02566028.0007.000634.813

Consello da Cultura Galega46.500148.95021.00013.720230.170

Presidencia e Administración Pública3.835.4442.427.8663.2033.372.0343.143.1842.977.34010.00015.769.071

Economía e Facenda3.112.926630.4972.020.9491.315.32811.029.48418.109.184

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda3.119.219344.6931.825.21618.200.57323.093.82946.575.530

Educación e Ordenación Universitaria137.380.24120.991.603235.23353.257.02310.034.5934.913.618226.812.311

Industria e Comercio1.291.436180.1281.365.8391.184.96011.179.526924.00016.125.889

Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria5.824.991460.2871.137.7698.075.19419.921.362380.00035.799.603

Cultura, Comunicación Social e Turismo2.830.559801.46916.459.0424.531.7236.307.885610.00031.540.678

Sanidade e Servicios Sociais10.807.9675.556.57915.700.9893.300.445910.22236.276.202

Pesca, Marisqueo e Acuicultura3.241.823576.428437.9483.915.55512.921.95021.093.704

Xustiza, Interior e Relacións Laborais7.455.9191.322.8491.884.5191.940.0721.240.88113.844.240

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude7.057.9534.070.43325.432.2131.279.299540.00038.379.898

Medio Ambiente4.592.019332.15830.3008.842.4247.460.5622.403.00023.660.463

Consello Consultivo de Galicia176.94436.75919.000232.703

Transferencias a corporacións locais81.702.00081.702.000

Débeda pública30.334.21422.866.92753.201.141

Gastos diversas consellerías872.0001.225.0002.055.0721.500.000750.0006.402.072

Total Administración xeral193.134.56939.832.22430.572.650204.867.30168.127.342104.004.1595.101.00022.866.927668.506.172

Escola Galega de Administración Pública117.062263.45763.9336.640451.092

Instituto Galego de Estatística322.51630.6493.400333.800690.365

Augas de Galicia609.278130.000150.00010.894.935171.29011.955.503

CapítulosIIIIIIIVVIVIIVIIIIXTotal (Miles de ptas.)

Instituto Galego de Consumo411.51538.668101.000154.000705.183

Servicio Galego de Saúde134.850.00080.072.68670.218.91218.897.656225.500240.000304.501.754

Academia Galega de Seguridade93.110166.362259.472

Segapihom90.15743.903775.6278.000917.687

Instituto Galego da Vivenda e Solo931.895383.021145.00010.254.8767.948.000306.00019.968.792

Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia728.721102.47237.626411.00012.679.31113.959.130

Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais197.69694.62650.670450.000792.992

Total OO.AA.138.351.95081.325.844145.30071.401.16841.410.90721.021.101546.0000354.201.970

Total orzamento bruto331.486.519121.158.06830.717.650276.268.469109.538.249125.025.2605.647.00022.866.9271.022.708.142

Total transferencias internas10.282.04632.713.98042.996.026

Total orzamento consolidado331.486.519121.158.06830.717.650265.986.423109.538.24992.311.2805.647.00022.866.927979.712.116

Catro.-Nos estados de ingresos do orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e nos dos seus organismos autónomos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevé liquidar durante o exercicio, por un importe consolidade de 979.712.116.000 pesetas, distribuídos da seguinte maneira:

OrganismoCap. I-VII

Ingresos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

(Miles de ptas.)

Administración xeral584.643.24640.866.900625.510.146

OO.AA. administrativos319.481.056319.481.056

OO.AA. comerciais, industriais e financeiros34.714.9146.00034.720.914

Total938.839.2166.00040.866.900979.712.116

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 4.720.800.000 pesetas, consonte o seguinte detalle:

-Imposto sobre sucesións: 733.800.000.

-Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 495.000.000.

-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 3.492.000.000.

En cumprimento do establecido no artigo 42.2 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 2.150.000.000 de pesetas.

Artigo 3º.-Orzamento das sociedades públicas.

Un.-Orzamento das sociedades mercantís.

As dotacións concedidas e os recursos estimados das sociedades públicas de carácter mercantil elévanse a 84.419.000.000 de pesetas, de acordo coa distribución que se indica:

Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

(Miles de ptas.)

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.31.263.00031.263.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.1.650.0001.650.000

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.2.295.0002.295.000

Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

(Miles de ptas.)

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.294.000294.000

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.850.000850.000

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.230.000230.000

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo6.512.0006.512.000

S:A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia488.000488.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia747.000747.000

Galioil, S.A.2.0002.000

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.5.256.0005.256.000

Galicia Calidade, S.A.170.000170.000

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia2.839.0002.839.000

Xestión Enerxética de Galicia, S.A.263.000263.000

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.113.000113.000

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.31.204.00031.204.000

Xenética Fontao, S.A.98.00098.000

Retegal, S.A.145.000145.000

Total84.419.00084.419.000

Dous.-Orzamento dos restantes entes públicos.

Os estados de gastos e ingresos dos entes públicos ós que se refire o apartado c) do artigo 1 acadan un total de 41.383.000.000 de pesetas, detallado como segue:

Entidades públicasIngresosGastos

(Miles de ptas.)

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades18.123.00018.123.000

Instituto Galego de Promoción Económica12.094.00012.094.000

Fundación Pública Hospital de Verín1.440.0001.440.000

Portos de Galicia4.664.0004.664.000

Obras e Servicios Hidráulicos, S.A.320.000320.000

Consello Económico e Social137.000137.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía325.000325.000

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira1.547.0001.547.000

Fundación Hospital Comarcal A Barbanza1.475.0001.475.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable890.000890.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria241.000241.000

Entidades públicasIngresosGastos

(Miles de ptas.)

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde127.000127.000

Total41.383.00041.383.000

Tres.-Aprobación de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas.

Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital que se indican seguidamente, con cargo ós orzamentos de gastos das consellerías ou dos organismos autónomos ós que figuran adscritas cada unha das sociedades públicas que igualmente se relacionan:

Sociedade públicaConsellería ou

organismo autónomo

de adscrición

Subvención

de

explotación

Subvención

de

capital

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de GaliciaPresidencia e Administración Pública89.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de GaliciaPresidencia e Administración Pública420.000135.000

Instituto Galego de Promoción EconómicaEconomía e Facenda992.0005.289.000

Consello Económico e SocialEconomía e Facenda131.0005.000

Centro Informático para a Xestión Tirbutaria, Económico-Financeira e ContableEconomía e Facenda532.000225.000

Portos de GaliciaPolítica Territorial, Obras Públicas e Vivenda2.674.000

Obras e Servicios HidráulicosAugas de Galicia20.000

Galicia Calidade, S.A.Industria e Comercio35.00040.000

Xenética Fontao, S.A.Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia34.0008.000

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedadesCultura, Comunicación Social e Turismo10.325.0001.236.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.Cultura, Comunicación Social e Turismo349.000825.000

S:A. de Xestión do Plan XacobeoCultura, Comunicación Social e Turismo4.800.000500.000

Retegal, S.A.Cultura, Comunicación Social e Turismo71.00025.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración SanitariaSanidade e Servicios Sociais71.000

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da SaúdeSanidade e Servicios Sociais40.000

Total17.889.00011.982.000

Capítulo II

Das modificacións orzamentarias

Artigo 4º.-Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias.

Sen prexuízo do establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e con validez exclusiva para 1999, atribúenselle ó conselleiro de Economía e Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:

a) Para incorporar ó orzamento de 1999 os créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea.

b) Para incorpora-lo crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído conforme o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se

aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.

c) Para incorporar ó crédito 11.03.212A.481.1 (Risga), do orzamento de 1999, o crédito 11.03.212A.481.1 de 1998, destinado á renda de integración social de Galicia na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

d) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas e prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas consellerías no anexo I desta lei, incrementadas nun 5%, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 8.

e) Para xerar crédito polo importe que corresponda ós maiores ingresos pola prestación do servicio de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.

f) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das sancións impostas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda derivadas da inspección de urbanismo no medio rural, e pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que deriven das inspeccións realizadas pola Dirección Xeral de Turismo, respecto das previsións inicialmente establecidas, que figuran no anexo II.

En sentido contrario, na medida en que durante o transcurso do exercicio se considere que as previsións de recadación non serán cumpridas, efectuarase retención de crédito polo importe que se estime non realizable.

g) Para xerar crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferencia que poida existir entre a liquidación definitiva da porcentaxe de participación nos ingresos do Estado para 1998 e a estimada no estado de ingresos de 1999 para o dito concepto.

h) Para xerar crédito, cando sexa necesario, na aplicación orzamentaria correspondente, por contía igual ó importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

i) En relación co orzamento do Servicio Galego de Saúde:

1. Para xerar ou minorar créditos por un importe igual á diferencia que poida resultar entre as previsións iniciais de transferencias procedentes dos orzamentos da Seguridade Social e as que efectivamente se liquiden.

2. Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Sergas:

-30, «Taxas administrativas».

-37, «Ingresos por ensaios clínicos».

-36, «Prestacións de servicios sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.

j) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecua-los créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia.

No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superasen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate.

Artigo 5º.-Vinculación de créditos.

Un.-Sen prexuízo do disposto no artigo 56 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, considéranse vinculantes, co grao de desagregación que a continuación se indica, os seguintes créditos:

130.02, «Plus de perigosidade, penosidade e toxicidade»;

202, «Edificios e outras construccións»;

220.03, «Diario Oficial de Galicia»;

222.00, «Comunicacións telefónicas»;

223.08, «Transporte escolar»;

226.01, «Atencións protocolarias e representativas»;

226.02, «Publicidade e propaganda»;

226.06, «Reunións e conferencias»;

226.09, «Outros»;

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas»;

227.06, «Estudios e traballos técnicos».

A mesma consideración terá o crédito correspondente á aplicación 06.03.413B.600.2.

Dous.-As transferencias ás que se refire o artigo 67 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda.

Artigo 6º.-Créditos ampliables.

Segundo o previsto no apartado b) do artigo 64 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, durante o ano 1999 terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:

a) Os incluídos na aplicación 05.03.531A.226.05, destinados ó pagamento dos premios de cobranza autorizados pola recadación de tributos e demais ingresos de dereito público.

b) Os destinados a satisface-las cantidades que deben percibi-los liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

c) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas, pola diferencia existente entre

o prezo das divisas previsto e o custo real destas no momento do pagamento.

d) Os destinados ó pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma, dándolle conta ó Parlamento no prazo dun mes. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.

e) Os créditos destinados ó pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ó Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes ós traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

f) Os créditos de transferencias a favor da Comunidade Autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da tesourería que resulten como consecuencia da súa xestión.

g) Os créditos que sexan necesarios nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflecti-las repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Artigo 7º.-Transferencias de crédito.

Un.-Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, durante o ano 1999 non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente. Esta restricción non lles será aplicable ós incrementos do capítulo I que poidan orixinarse polo proceso de regularización, actualmente en marcha, derivado do acordo sobre materias de función pública subscrito entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais o 14 de xullo de 1994, ó que se lle deu publicidade por resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de setembro do mesmo ano, ou de calquera outro que en substitución do anterior poida subscribirse durante o exercicio.

Dous.-Polo que se refire ás seccións 07, «Educación e Ordenación Universitaria», 11, «Sanidade e Servicios Sociais», e 14, «Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude» no que afecte a créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada no punto anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 10% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 15% para o Servicio Galego de Saúde.

No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementasen créditos do capítulo I destinados ó asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do

Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación fose a de realización de obra ou servicio prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.

Tres.-Con vixencia exclusiva para o exercicio de 1999 non poderán realizarse transferencias de crédito que incrementen os autorizados inicialmente nas seguintes aplicacións orzamentarias:

226.02, «Publicidade e propaganda»;

227.06, «Estudios e traballos técnicos».

A limitación establecida sobre a aplicación 226.02, «Publicidade e propaganda», non afectará o Sergas cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer público calquera tipo de modificacións no funcionamento dos servicios que deban ser coñecidas polos usuarios para permitírlle-la súa mellor utilización.

Catro.-As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nos apartados b) e c) do artigo 68 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, entenderanse referidas, no orzamento do Servicio Galego de Saúde, ó orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non ós orzamentos totais.

Cinco.-Os expedientes de transferencias de crédito incluirán en tódolos casos informe da Intervención Delegada referente polo menos ós seguintes aspectos:

a) Cumprimento do establecido no artigo 68 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e nas normas concordantes, sobre as limitacións que afectan as transferencias de crédito.

b) Adecuación e dispoñibilidade do crédito que se pretende minorar.

c) Calquera outra cuestión relacionada co cumprimento da normativa vixente en materia de transferencias de crédito.

Seis.-Os expedientes que se tramiten para a autorización de transferencias de crédito desde as partidas correspondentes ó Plan de crecemento e emprego que figuran relacionadas na memoria de obxectivos e programas destes orzamentos deberán incluír informe da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Artigo 8º.-Adecuación de créditos.

Co fin de garanti-lo equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para 1999, os créditos incluídos nos estados de gastos experimentarán os axustes necesarios para acomoda-lo seu importe ó dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou dos seus organismos autónomos.

O Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos de non

dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumpri-lo previsto no parágrafo anterior.

As modificacións que puidesen efectuarse en virtude do disposto neste artigo seranlle comunicadas á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos dentro do prazo de trinta días desde a súa autorización.

Título II

Dos gastos de persoal

Capítulo I

Retribucións do persoal

Artigo 9º.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non poderán experimentar en 1999 un incremento global superior ó 1,8% con respecto ás establecidas no exercicio de 1998, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Dous.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos deberán axustarse ó establecido neste artigo, resultando inaplicables en caso contrario.

Tres.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Catro.-Este artigo aplicaráselle ó persoal ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas constituídas pola Comunidade Autónoma para a xestión de centros da súa rede hospitalaria.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 10º.-Criterios retributivos aplicables ó persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non sometido a lexislación laboral.

a) As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 1,8% con respecto ás establecidas no exercicio de 1998, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente co contido de especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade del.

b) O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo un incremento do 1,8% con respecto ó do exercicio de 1998, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

c) Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

d) As indemnizacións por razón do servicio rexeranse pola súa normativa específica.

As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ós beneficiarios conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 11º.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no número catro do artigo 9 non poderá experimentar un crecemento global superior ó 1,8% respecto da correspondente a 1998, sen prexuízo do que puidese derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da productividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cunha distribución e aplicación individual que se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e os gastos de acción social devengados durante 1998 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio orzamentario, exceptuándose en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ó sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realiza-lo traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ó réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras

condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para 1999 deberase satisface-la totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas do pertinente acordo e tódalas que se produzan ó longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ó devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores ós que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 12º.-Retribucións dos altos cargos.

Un.-As retribucións totais e exclusivas, incluídas as pagas extraordinarias, dos altos cargos fíxanse para o ano 1999 nas seguintes contías, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puidese corresponderlles de conformidade coa normativa vixente:

Presidente11.798.148 pesetas

Conselleiros9.715.464 pesetas

Secretarios xerais, directores xerais e asimilados7.734.756 pesetas

Dous.-As retribucións dos membros do Consello de Contas de Galicia serán as establecidas no punto un deste artigo para os conselleiros, agás as correspondentes ó conselleiro maior, que se fixan para 1999 en 10.339.080 pesetas.

Tres.-As retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, quedan establecidas para o ano 1999 nas seguintes contías:

Presidente10.339.080 pesetas

Conselleiros9.715.464 pesetas

Catro.-As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia serán autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da consellería á que se atopen adscritos, aínda que en ningún caso poderán experimentar incrementos superiores ó 1,8% con respecto ás percibidas en 1998.

Artigo 13º.-Complemento persoal.

Os funcionarios de carreira designados para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral e dos seus organismos autónomos que dean lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento mantivesen unha relación de servicio permanente, non contractual, con algunha administración pública non poderán percibir retribucións inferiores ás que tiñan asignadas no posto de procedencia.

Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferencia entre a totalidade dos con

ceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servicios extraordinarios, en cómputo anual, e as retribucións do mesmo carácter que lle corresponda polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.

O complemento indicado, que se percibirá ata o momento do cesamento no cargo, actualizarase, se é o caso, na mesma porcentaxe que corresponda ó incremento retributivo atribuído con carácter xeral na Lei de orzamentos de cada exercicio.

O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.

Artigo 14º.-Retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías para 1999 serán idénticas na súa contía ás dos subdirectores xerais.

Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 15º.-Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 10 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 1999 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ó grupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

GrupoSoldoTrienios

A1.896.30072.828

B1.609.44058.260

C1.199.72443.728

D980.98829.208

E895.56021.900

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, por un importe cada unha delas dunha mensualidade de soldo e trienios e que se devengarán de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1989. Cando os funcionarios prestasen unha xornada de traballo reducida durante os seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente reducción proporcional.

c) O complemento de destino correspondente ó nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

NivelPesetas

301.665.132

291.493.604

281.430.784

271.367.952

261.200.108

251.064.760

241.001.940

23939.144

22876.300

21813.588

20755.760

19717.132

18678.540

17639.924

16601.380

15562.764

14524.184

13485.568

12446.952

11408.396

10369.792

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos en que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ó posto que se desempeñe, do que a súa contía experimentará un incremento do 1,8% con respecto á aprobada para o exercicio de 1998, sen prexuízo do previsto no artigo 10 desta lei.

e) O complemento de productividade que, se é o caso, se destine a retribuí-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.c) da Lei 4/1988, do 26 de maio.

O complemento de productividade concederase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Os complementos de productividade deben facerse públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servicios extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta da consellería correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servicios extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 1999, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ó producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, incluso as que poidan derivar do cambio de posto de traballo.

Dous.-Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo no que estea incluído o corpo no que ocupen vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídos os que están vinculados á condición de funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de productividade poderá atribuírselles, se é o caso, ós funcionarios interinos ós que se refire o punto anterior, así como ós funcionarios eventuais e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

Artigo 16º.-Retribucións do persoal ó servicio das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Un.-O persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto-lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 15.Un.a), b) e c) desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda, dous, do devandito real decreto-lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes ós complementos específicos, complemento de atención continuada e complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, correspondan ó referido persoal experimentará o incremento do 1,8% respecto do importe aprobado para o exercicio de 1998.

A contía individual do complemento de productividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c), na disposición transitoria terceira do Real decreto-lei 3/1987 e nas demais normas dictadas para o seu desenvolvemento.

Dous.-As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Ser

vicio Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 9.Un desta lei.

Capítulo II

Outras disposicións en materia de réxime do persoal activo

Artigo 17º.-Prohibición de ingresos atípicos.

Durante o ano 1999, os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daqueles sometidos ó réxime de arancel, non poderán percibir participación ningunha nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servicio ou xurisdicción, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, e sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre desfrute de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 18º.-Outras normas comúns.

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 1998 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 11/1996 e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, experimentarán en 1999 un incremento do 1,8% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante 1999 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo a que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta das consellerías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ós funcionarios, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 19º.-Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Durante o ano 1999 será preciso informe favorable conxunto das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública para proceder a determinar ou modifica-las condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas constituídas pola Comunidade Autónoma para a xestión de centros da súa rede hospitalaria.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban en 1999, deberá solicitarse da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que se poidan contraer como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante 1998.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo, do cal as retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante 1998.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe a que se refire o punto un deste artigo.

Tres.-Para os efectos dos puntos anteriores, entenderase por determinación ou modificación de condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) Asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no punto un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) Aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) Fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) Outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro.-Co fin de emiti-lo informe sinalado no punto un deste artigo, as consellerías, os organismos e os entes remitiranlles ás consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública o correspondente proxecto, con carácter previo ó seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, achegando a valoración de tódolos seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 1999 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ó control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto no artigo 11 desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ó que determinen as futuras leis de orzamentos.

Sete.-Non poderán autorizarse gastos derivados da aplicación das retribucións para 1999 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 20º.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro de 1999 serán obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

Artigo 21º.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non se poderán fixar indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Excepcionalmente, o Consello da Xunta poderá autoriza-la inclusión de cláusulas indemnizatorias que garantan ata un 15% das retribucións que se percibirían desde a extinción anticipada da relación laboral ata o termo inicialmente previsto como duración do contrato.

En calquera caso, cando a extinción da relación laboral tivese lugar dentro dos últimos doce meses de vixencia do vínculo contractual, a única indemnización aplicable será a prevista no parágrafo primeiro deste artigo.

Artigo 22º.-Contratación de persoal laboral con cargo ós créditos de investimentos.

Un.-Con cargo ós respectivos créditos para investimentos, as consellerías e os organismos autónomos

unicamente poderán formalizar contratacións de persoal, de carácter temporal, nos seguintes casos:

-Contratación de persoal para a dirección de obras de investimentos, así como para a redacción de proxectos e liquidación de obras, sempre que non poidan ser executadas por persoal fixo.

-Contratación de persoal en réxime laboral, sempre que concorran os seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servicios que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servicios correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servicios non poidan ser executados por persoal fixo.

Dous.-Os contratos terán que formalizarse seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio da administración pública. Nos contratos farase consta-la obra ou o servicio para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puidesen derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Tres.-A contratación poderá exceder do exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servicios que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia ou nesta propia Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1999.

Catro.-O servicio xurídico da consellería, organismo ou entidade emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización, e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Cinco.-A realización dos contratos regulados neste artigo será obxecto de fiscalización previa nos casos en que esta resulte preceptiva, de conformidade co disposto nos artigos 94 a 117 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Seis.-Non poderán realizarse contratacións de persoal con cargo ó capítulo VI sen autorización previa da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Artigo 23º.-Oferta de emprego público para 1999.

Un.-O Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou, se é o caso, das consellerías competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afecta-lo funcionamento dos servicios públicos esenciais, e que se concentrarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios, sempre que o número de prazas de novo ingreso sexa inferior ó 25% da taxa de reposición de efectivos. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servicios que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 8 desta lei.

Dous.-A restricción sobre o número de prazas indicada no punto anterior non lles será aplicable ás relativas ó persoal adscrito a centros de ensino, sanitarios e de servicios sociais, que se axustarán en todo caso ós efectivos dotados orzamentariamente.

Tres.-Malia o disposto no parágrafo primeiro deste artigo, poderanse convoca-los postos ou as prazas que, estando orzamentariamente dotados e incluídos nas correspondentes relacións de postos de traballo, catálogos ou cadros de persoal, se encontren desempeñados interina ou temporalmente.

Catro.-Durante 1999 non se procederá á contratación de novo persoal temporal nin ó nomeamento de funcionarios interinos, salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, con autorización conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Non será necesaria esta autorización para as contratacións de persoal docente, de persoal que presta servicios en institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde e de persoal laboral de centros e residencias de servicios sociais, que adecuándose estrictamente ás necesidades do servicio terán como límite máximo as previsións orzamentarias que se establecen para o efecto.

Así mesmo, e sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, non requirirán autorización previa as contratacións para substitucións do persoal que resulten imprescindibles para o bo funcionamento dos servicios.

Cinco.-En todo caso, en materia de oferta de emprego público teranse en conta os criterios establecidos na normativa básica estatal.

Artigo 24º.-Autorización dos custos de persoal das universidades de Galicia.

Un.-De conformidade co disposto no artigo 54.4 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, autorízanse para o ano 1999 os custos de persoal funcionario, docente e non docente, das universidades de competencia da Administración autonómica, polos importes que se indican a continuación:

UniversidadePersoal

funcionario

docente

Persoal

funcionario

non docente

Santiago de Compostela4.841.773.9171.189.352.102

A Coruña3.518.295.343760.487.437

Vigo3.850.000.0001.070.000.000

Dous.-As universidades de competencia da Administración da Comunidade Autónoma ampliarán os seus créditos do capítulo I en función da distribución que do crédito 07.05.322C.440.0 realice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, caso no que non será aplicable o contido do artigo 55.1 da citada Lei orgánica de reforma universitaria.

Título III

Das operacións de endebedamento e garantía

Capítulo I

Operacións de crédito

Artigo 25º.-Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.

Un.-De acordo co previsto no artigo 32 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a variación da posición neta debedora da Comunidade Autónoma ó final do exercicio de 1999 non poderá exceder de 18.000.000.000 de pesetas.

Dous.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ó financiamento de actuacións en materia de vivenda e solo, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos en 1999 non poderá superar en ningún caso os 4.500.000.000 de pesetas.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 26º.-Débeda da tesourería.

O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesourería, durante o exercicio de 1999, conforme o disposto no artigo 31 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e os conceptos 400 e 408.

Artigo 27º.-Endebedamento dos organismos autónomos e das sociedades públicas.

Un.-Durante o exercicio de 1999 os organismos autónomos e as sociedades públicas da Comunidade Autónoma poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesourería, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes

ou de explotación. A superación deste límite deberá ser autorizada polo conselleiro de Economía e Facenda.

Dous.-En ningún caso poderán concertarse sen autorización previa do conselleiro de Economía e Facenda operacións que impliquen a superación da variación de pasivos establecida nos orzamentos iniciais dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Tres.-En todo caso as disposicións das operacións financeiras previstas neste artigo deberanlle ser comunicadas á Consellería de Economía e Facenda no prazo máximo dun mes.

Capítulo II

Afianzamento por aval

Artigo 28º.-Avais.

Un.-Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o importe máximo dos avais que poderán ser concedidos pola Xunta de Galicia durante o ano 1999 será de 2.000.000.000 de pesetas.

Con independencia desa cantidade, o Igape poderá conceder avais en contía que non supere en ningún momento un saldo efectivo vixente de 25.000.000.000 de pesetas.

Non obstante, por acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, poderá autorizarse a ampliación da cantidade fixada para o Igape ata un importe igual ó non utilizado pola Xunta, sen que en ningún caso o saldo efectivo vixente do conxunto dos avais que por este artigo se autorizan poida supera-la cifra de 27.000.000.000 de pesetas.

Dous.-O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá acordar, logo de petición fundada dos interesados á consellería correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ó amparo do artigo 10.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á Comunidade Autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, se afectase grave ou susbtancialmente o mantemento da capacidade productiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.

Título IV

Normas tributarias

Capítulo único

Tributos propios

Artigo 29º.-Taxas.

Introdúcense as seguintes modificacións na redacción actualmente vixente do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos

e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia:

1) Engádeselle o apartado 4 ó artigo 16, coa seguinte redacción:

«4. As compulsas realizadas nas oficinas de emprego para os desempregados na tramitación de expedientes que sexan competencia das devanditas oficinas.»

2) Modifícase a redacción do subapartado 03 do apartado 15 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«03. Clase C. Para a tenza ou utilización de medios ou procedementos especiais: 15.560 ptas.»

3) Modifícase o apartado 16 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«16. Matrículas de coutos de caza e terreos de carácter cinexético suxeitos a réxime especial:

01. Matrículas de coutos de caza menor.

25% da renda cinexética cun mínimo de 32.395 ptas.

A renda cinexética obterase multiplicando o número de hectáreas do couto polas ptas./ha en función da seguinte escala:

* Grupo I (menor de 0,30 pezas/ha): 55 ptas./ha

* Grupo II (entre 0,30 e 0,80 pezas/ha): 95 ptas./ha

* Grupo III (entre 0,80 e 1,5 pezas/ha): 175 ptas./ha

* Grupo IV (maior de 1,5 pezas/ha): 295 ptas./ha

02. Matrículas de coutos de caza maior.

25% da renda cinexética cun mínimo de 32.395 ptas.

A renda cinexética determinarase multiplicando o número de hectáreas do couto polas ptas./ha en función da seguinte escala:

* Grupo I (menor dunha res por 100 ha): 60 ptas./ha

* Grupo II (entre unha e dúas reses por 100 ha): 115 ptas./ha

* Grupo III (entre dúas e tres reses por 100 ha): 175 ptas./ha

* Grupo IV (máis de tres reses por 100 ha): 295 ptas./ha

03. Matrículas de terreos cinexeticamente ordenados (Tecor).

25% da renda cinexética cun mínimo de 32.395 ptas.

A renda cinexética determinarase multiplicando o número de hectáreas do Tecor, excluíndo deste as hectáreas que estean declaradas como vedado de caza (mínimo o 10% do total), polas ptas./ha en función da seguinte escala:

* Grupo I (menor de 0,30 pezas/ha de caza menor ou menor dunha res por 100 ha de caza maior): 60 ptas./ha

* Grupo II (entre 0,30 e 0,80 pezas/ha de caza menor ou entre unha e dúas reses por 100 ha de caza maior): 115 ptas./ha

* Grupo III (entre 0,80 e 1,5 pezas/ha de caza menor ou entre dúas e tres reses por 100 ha de caza maior): 175 ptas./ha

* Grupo IV (maior de 1,5 pezas/ha de caza menor ou máis de tres reses por 100 ha de caza maior): 295 ptas./ha

04. Matrículas de terreos de carácter cinexético dedicados a explotacións cinexéticas.

25% da renda cinexética cun mínimo de 32.395 ptas.

A renda cinexética obterase multiplicando o número de hectáreas do couto polas ptas./ha en función da seguinte escala:

* Grupo I (menos de dúas pezas/ha de caza menor ou menor de catro reses por 100 ha de caza maior): 240 ptas./ha

* Grupo II (máis de dúas pezas/ha de caza menor ou máis de catro reses por 100 ha de caza maior): 295 ptas./ha

No caso de que un terreo de carácter cinexético suxeito a réxime especial se dedique tanto á caza maior coma á menor clasificarase como pertencente ó grupo que resulte do grao máximo de densidade.»

4) Modifícase a redacción do subapartado 01 do apartado 21 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«01. Exame teórico para a obtención do título para o goberno de embarcacións de lecer.»

5) No subapartado 02 do apartado 21 do artigo 18 substitúese o concepto «certificados» polo concepto de «títulos».

6) Engádeselle o subapartado 06 ó apartado 21 do artigo 18, coa seguinte redacción:

«06. Exame práctico para a obtención da titulación de embarcacións de lecer:

-Para o título de patrón de navegación básica: 10.000 ptas.

-Para o título de patrón de embarcacións de lecer: 10.000 ptas.

-Para o título de patrón de iate: 15.000 ptas.

-Para o título de capitán de iate: 15.000 ptas.

7) Engádeselle o subapartado 07 ó apartado 21 do artigo 18, coa seguinte redacción:

«07. Autorización para a realización dunha convocatoria extraordinaria nunha escola recoñecida ou entidade autorizada.

-Para os títulos de patrón de navegación básica ou de patrón de embarcacións de lecer: 20.000 ptas.

-Para os títulos de patrón de iate ou de capitán de iate: 30.000 ptas.»

8) Modifícase o subapartado a) do apartado 27 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«a) Documentos

-Formato DIN A4: 12 ptas./copia

-Formato DIN A3: 25 ptas./copia

-Mínimo: 400 ptas./copia»

9) Engádeselle o subapartado 08 ó apartado 04 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«08. Explotación de datos estatísticos oficiais procedentes dos rexistros dos apartados anteriores: 2.000 ptas.

Adicionalmente esixiranse:

-Ata 49.999 rexistros: 2 ptas./rexistro

-De 50.000 a 99.999 rexistros: 1,75 ptas./rexistro

-De 100.000 en adiante: 1,50 ptas./rexistro»

10) Modifícase o subapartado 01 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«01. Comprobación sanitaria, loita contra enfermidades das ganderías afectadas e nas campañas de saneamento gandeiro cando a prestación deba realizarse por incumprimento da normativa que a regula ou para movemento pecuario fóra do período de revisión obrigatoria.

-Por explotación: 7.500 ptas.

-Por cada animal aloxado

-Équidos, bóvidos e similares (por cabeza): 500 ptas.

Mínimo: 10.000 ptas.

Máximo: 30.000 ptas.

-Porcino, ovino, caprino e similares (por cabeza): 99 ptas.

Máximo: 11.985 ptas.

-Aves, coellos, visóns e similares (por cabeza): 2,25 ptas.

Máximo: 5.990 ptas.

-Colmeas, por unidade: 64 ptas.

Máximo: 5.990 ptas.»

11) Modifícase o subapartado 02 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«02. Prestación de servicios facultativos relacionados coas análises, dictames, peritaxes, etc., cando así o esixa a normativa vixente.

-Por análises fisicoquímicas ou bromatolóxicas (por determinación): 765 ptas.

Máximo: 5.990 ptas.

-Por reconto celular:

-Por mostra de leite: 50 ptas.

-Por outras mostras: 125 ptas.

Máximo: 1.205 ptas.

-Illamento e identificación bacteriolóxicos:

-Por mostra de leite: 100 ptas.

-Por outras mostras: 280 ptas.

Máximo: 1.205 ptas.

-Determinación de susceptibilidade de antimicrobianos e inhibidores do crecemento con mostras ou tecidos ou secrecións de animais:

-Por mostra de leite: 150 ptas.

-Por outras mostras: 390 ptas.

-Análises parasitolóxicas (por mostra): 390 ptas.

-Serodiagnóstico e probas alérxicas (por determinación): 430 ptas.

-Porcino: cada 30 mostras por enfermidade investigada: 430 ptas.

-Necrosias e análises anatómico-patolóxicas por mostra ou animal:

-Vacún, equino e similares (adultos): 2.405 ptas.

-Porcino, ovino, caprino, cans e similares: 1.805 ptas.

-Aves, coellos ou similares: 610 ptas.

-Análises histopatolóxicas (por animal): 785 ptas.

-Análises virolóxicas:

-Illamento e identificación (por mostra): 785 ptas.

-Outras técnicas virolóxicas (por técnica): 430 ptas.

-Mínimo, en calquera caso: 400 ptas.»

12) Modifícase o subapartado 15 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«15. Supervisión e control de documentos de traslado de animais e autorizacións sanitarias oficiais para traslado de animais realizadas por veterinarios autorizados.

-Por documento: 200 ptas.

-Máximo: 10.920 ptas.»

13) Suprímese o subapartado 19 do apartado 07 do artigo 23.

14) Engádeselle o subapartado 23 ó apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«23. Actuacións no marco do Plan nacional de investigación de residuos nos animais vivos e os seus productos (PNIR) efectuadas polos servicios veterinarios da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-Por saída ó campo: 10.000 ptas.

-Identificación de tódolos animais da explotación se non estivesen identificados

A maiores da saída ó campo

-Por cada animal: 190 ptas.

-Máximo: 17.450 ptas.

-Investigación das causas da presencia de residuos na explotación de orixe ou procedencia

A maiores da saída ó campo: 5.000 ptas.

-Investigación da fonte ou fontes dos productos de que se trate

A maiores da saída ó campo: 10.000 ptas.

-Control dos establecementos abastecedores da explotación positiva e dos establecementos ou explotacións relacionadas cos primeiros.

A maiores da saída ó campo: 15.000 ptas.

-Toma de mostras e actuacións complementarias

A maiores da saída ó campo: 10.000 ptas.

-Información á Comisión Europea e ós estados membros no caso de que sexa necesaria a investigación noutros estados membros ou países terceiros

A maiores da saída ó campo: 5.000 ptas.

-Documentación específica para a autorización do traslado de animais positivos ben a unha planta de destrucción autorizada ou a un matadoiro

A maiores da saída ó campo

-Por cada animal: 325 ptas.

-Máximo: 6.490 ptas.

-Sacrificio in situ de animais positivos a petición de parte

-Por animal: 500 ptas.

-Actuacións de vixilancia durante seis meses das explotacións positivas a substancias autorizadas

Aplicaranse as dos conceptos enriba sinalados

-Actuacións de vixilancia durante doce meses das explotacións positivas a substancias prohibidas

Aplicaranse as dos conceptos enriba sinalados.»

15) Modifícase o apartado 11 do artigo 23, que queda coa seguinte redacción:

«11. Servicios farmacéuticos e actividades realizadas en materia de medicamentos.

01. Por recoñecemento da adquisición da condición de:

a) Director técnico farmacéutico de centro de distribución de medicamentos e productos sanitarios: 2.605 ptas.

b) Director técnico farmacéutico de centro de unidade de dosificación de medicamentos: 2.605 ptas.

c) Farmacéutico titular e responsable do servicio de farmacia de centro hospitalario: 2.605 ptas.

d) Farmacéutico titular e responsable do servicio de farmacia de centro de asistencia social: 2.605 ptas.

e) Farmacéutico responsable do servicio de farmacia de psiquiátrico: 2.605 ptas.

f) Farmacéutico responsable do servicio de farmacia en atención primaria: 2.605 ptas.

g) Farmacéutico responsable dos servicios farmacéuticos de explotacións gandeiras e establecementos comerciais retallistas: 2.605 ptas.

h) Responsable de unidade de radiofarmacia non dependente de servicio de farmacia de centro hospitalario: 2.605 ptas.

i) Farmacéutico propietario, copropietario ou rexente de oficina de farmacia: 2.605 ptas.

j) Farmacéutico substituto ou adxunto en oficina de farmacia: 2.605 ptas.

k) Persoal non farmacéutico de oficina de farmacia: 1.310 ptas.»

16) Engádeselle o subapartado 07 ó apartado 12 do artigo 23, coa seguinte redacción:

«07. Autorización previa de publicidade sanitaria: 1.500 ptas.»

17) Modifícase o subapartado 01 do apartado 14 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«01. Autorización administrativa sanitaria previa.

a) Fase de estudio e informe do proxecto antes de autoriza-las obras de creación, construcción, modificación ou adaptación de:

-Hospitais e balnearios: 32.395 ptas.

-Servicios sanitarios hospitalarios: 25.920 ptas.

-Servicios de farmacia de centros hospitalarios: 25.920 ptas.

-Servicios de farmacia de centros de asistencia social e psiquiátricos: 25.920 ptas.

-Servicios de farmacia nas estructuras de atención primaria: 25.920 ptas.

-Unidade de radiofarmacia: 25.920 ptas.

-Oficinas de farmacia: 79.500 ptas.

-Boticas anexas de medicamentos e productos sanitarios: 19.875 ptas.

-Servicios farmacéuticos de explotacións gandeiras, comerciais retallistas e boticas anexas de urxencia: 18.965 ptas.

-Unidades de dosificación de medicamentos: 20.520 ptas.

-Centros de distribución de medicamentos e productos sanitarios: 49.750 ptas.

-Resto de centros, servicios ou establecementos sanitarios: 12.965 ptas.

b) Fase de estudio e informe do proxecto para o traslado e a transmisión de:

-Oficinas de farmacia: 39.750 ptas.

c) Fase de estudio do proxecto para o peche ou a supresión de:

-Oficinas de farmacia: 19.875 ptas.

-Centros de distribución de medicamentos e productos sanitarios: 12.435 ptas.

-Unidades de radiofarmacia: 6.480 ptas.»

18) Modifícase o subapartado 03 do apartado 14 do artigo 23, que queda coa seguinte redacción:

«03. Solicitude para participar no concurso público de autorización de novas oficinas de farmacia: 30.000 ptas.»

19) Engádeselle o subapartado 05 ó apartado 14 do artigo 23, coa seguinte redacción:

«05. Difusión das mensaxes publicitarias de especialidades farmacéuticas: 179.500 ptas.»

20) Engádeselle o subapartado 06 ó apartado 14 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«06. Autorización de centros de recoñecemento de aptitude para a obtención e renovación de permisos de armas e conducir: 22.035 ptas.»

21) Modifícase o apartado 18 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«18. Actividades de control de centros e servicios e establecementos sanitarios.

01. Actuacións inspectoras individualizadas a petición de parte, nos servicios e actividades realizadas en materia de medicamentos, agás nos supostos de denuncia ou a petición dunha asociación de usuarios ou consumidores representativa: 300.000 ptas.

02. Procedemento de expedición dunha certificación, en servicios e actividades realizadas en materia de medicamentos: 15.000 ptas.

03. Outras actividades de control de centros e servicios e establecementos sanitarios: 6.490 ptas.»

22) Modifícase a redacción do apartado 32 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«32. Xestión técnico-facultativa do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

01. Deslindes e apeos: 10.600 ptas.

02. Informes técnicos de planificación hidrolóxica

-Sen saída ó campo

-Se non existe proxecto: 5.000 ptas.

-Se existe proxecto: 10.000 ptas.

-Con saída ó campo

-Se non existe proxecto: 10.000 ptas.

-Se existe proxecto: 15.000 ptas.

03. Datos técnicos da rede foronómica das concas de Galicia.-costa por mes hidrolóxico e por estación de aforos

-Datos de nivel e de caudal medio m/s e de achega (hm): 1.600 ptas.

-Diagrama da serie de caudais diarios observados no ano hidrolóxico: 30.000 ptas.

-Datos técnicos da estación de aforos, situación e os seus sistemas de medición: 400 ptas.

No caso de que os datos sexan remitidos por correo incrementaranse as tarifas un 10%.»

23) Engádeselle o apartado 41 ó artigo 23, coa seguinte redacción:

«41. Centros colaboradores homologados para impartir cursos de formación ocupacional.

01. Recoñecemento de centro colaborador: 15.000 ptas.

02. Homologación de novas especialidades formativas (por cada especialidade): 1.000 ptas.»

24) Modifícase a tarifa do subapartado 02 do apartado 07 do artigo 24, que pasa a ser de 1.500 ptas.

25) Modifícase o apartado 31 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«31. Deslindes de dereitos mineiros.

-Da tarifa consignada no apartado 29.d): 50%»

26) Modifícase o apartado 33 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«33. Control de medio ambiente atmosférico e residuos.

01. Actividades de control de medio ambiente atmosférico

a) Medición de emisións atmosféricas: 97.165 ptas.

Se é necesario máis dun día, por cada día de máis: 77.735 ptas.

b) Control de emisións: 45.350 ptas.

c) Demostre de RTP: 25.915 ptas.

02. Autorización de productor de RTP: 47.000 ptas.

03. Inscrición no rexistro de pequenos productos de RTP: 23.500 ptas.

04. Autorización de xestor de RTP

Sobre a tarifa consignada no apartado 0.9: 150%

05. Inscrición no rexistro de transportistas de RTP: 5.875 ptas.

06. Autorización de xestor de residuos sólidos urbanos e inscrición no rexistro

-Recolledores e transportistas de RSU

1 municipio de menos de 10.000 hab.: 10.000 ptas.

-Recolledores e transportistas de RSU

1 municipio de máis de 30.000 hab.: 25.000 ptas.

-Recolledores e transportistas 1 provincia: 50.000 ptas.

-Recolledores e transportistas de RSU

1 provincia: 100.000 ptas.

-Recolledores e transportistas de RSU

2 provincias: 150.000 ptas.

-Recolledores e transportistas de RSU

3 provincias: 175.000 ptas.

-Recolledores e transportistas de RSU

4 provincias: 200.000 ptas.

-Xestores de vertedoiros de ata 300.000 t: 150.000 ptas.

-Xestores de vertedoiros de máis de 300.000 t: 300.000 ptas.

-Xestores de plantas de tratamento da tarifa consignada no apartado 09: 150%»

27) Suprímese o subapartado 05 do apartado 34 do artigo 24.

28) Suprímese o subapartado 08 do apartado 34 do artigo 24.

29) Engádeselle o apartado 51 ó artigo 24, que queda redactado como segue:

«51. Autorización de licencia comercial para grandes superficies.

-Por metro cadrado de superficie útil para exposición e venda ó público: 500 ptas.»

Título V

Da xestión orzamentaria

Capítulo único

Dos procedementos de xestión orzamentaria

Artigo 30º.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola intervención delegada da consellería correspondente, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 31º.-Aprobación de gastos polo Consello da Xunta.

A tramitación de expedientes de gastos dos capítulos II e VI por contía igual ou superior a 500.000.000 de pesetas requirirá autorización previa do Consello da Xunta.

Unha vez obtida a dita autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ó órgano de contratación.

Artigo 32º.-Gastos plurianuais.

Por acordo do Consello da Xunta poderanse adquirir compromisos de gasto de carácter plurianual na tramitación de expedientes que teñan algunha das seguintes finalidades:

a) Adquisición de vivendas para a cualificación de promoción pública.

b) Adquisición de terreos para a construcción de vivendas de protección oficial.

c) Concesión de préstamos para a promoción de vivendas mediante convenios.

d) Axudas económicas persoais e para o apoio financeiro en vivendas sociais.

e) Concesión de subvencións para subsidiación de xuros de préstamos para vivendas de protección oficial.

f) Contratos de seguros de xestión centralizada.

Artigo 33º.-Tramitación urxente de expedientes de obras.

Con carácter xeral autorízaselles ós órganos de contratación a tramitación urxente, prevista no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas, de expedientes de obras que non superen os 500.000.000 de pesetas.

Para os efectos do establecido neste artigo son órganos de contratación da Xunta os establecidos no artigo 72 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 34º.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 1999 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.b) da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como as revisións de prezos e tarifas de concertos ou convenios establecidos con anterioridade, non poderán supera-lo incremento do IPC galego durante o exercicio.

Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteracións das condicións dos concertos ou convenios, o conselleiro de Economía e Facenda, por proposta da consellería correspondente, poderá autoriza-la inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 35º.-Subvencións e axudas con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Un.-Con independencia do disposto no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, poderán concederse de forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e os entes públicos ou privados para a prestación de servicios públicos ou para a adquisición de bens de interese público, logo da oportuna xustificación razoada do órgano xestor, nas que non sexa posible promove-la concorrencia pública pola especificidade das características que debe cumpri-la entidade ou actividade destinataria da subvención.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social ou cultural, ou para promove-la consecución dun fin público, non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 1.000.000 de pesetas por beneficiario e ano e as concedidas por cada consellería non excedan globalmente de 10.000.000 de pesetas no exercicio. Estes importes elevaranse a 3.000.000, e 40.000.000 de pesetas, respectivamente, para a sección 04, servicio 01, Secretaría Xeral do Presidente.

As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser concedidas por acordo motivado do Consello, dándolle conta á comisión correspondente do Parlamento de Galicia.

c) Excepcionalmente, as axudas ou subvencións de capital, logo de declaración pola Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos da súa utilidade e interese social ou do seu carácter estratéxico.

Os acordos de concesión deberán ser adoptados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente por razón da materia.

Dous.-Sen prexuízo da xustificación ou liquidación definitiva das subvencións a que se refire o artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e do control e da fiscalización posterior do gasto incorrido, así como das funcións de inspección e control financeiro pertinentes, poderán efectuarse pagamentos parciais ou anticipos de pagamentos sobre a subvención ou axuda concedida, nos casos e coas condicións seguintes:

A) Subvencións correntes:

Para aquelas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata un 80%, e librarase o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e das demais condicións para a que foi concedida.

Nos demais casos, poderán acordarse pagamentos parciais a conta da liquidación definitiva, a medida que o beneficiario xustifique os gastos, ata a porcentaxe que estableza a norma reguladora da convocatoria, que nunca será superior ó 80% da subvención concedida. Non obstante, naquelas que se lles concedan baixo os principios de publicidade e concorrencia a entidades sen ánimo de lucro, poderá autorizarse un anticipo do 10% da subvención no momento da concesión, sempre que a orde de convocatoria así o prevexa e estableza os medios documentais de xustificación provisional que deban achega-los beneficiarios.

Excepcionalmente, logo da oportuna xustificación, o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar que a norma reguladora da convocatoria prevexa anticipos, no momento da concesión da subvención, nunha porcentaxe superior á sinalada.

B) Subvencións de capital:

1.-Naquelas que non excedan de 5.000.000 de pesetas poderán efectuarse pagamentos parciais a medida que o beneficiario xustifique os investimentos efectuados. Estes pagamentos non superarán o 80% da subvención concedida, e o importe restante librarase no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e das demais condicións para a que foi concedida.

2.-Cando o importe das subvencións supere a cifra de 5.000.000 de pesetas poderanse efectuar pagamentos parciais a conta da liquidación sempre que

concorran os requisitos e as circunstancias seguintes:

a) Que o interesado o solicite.

b) Que se xustifiquen non só o investimento senón tamén os pagamentos efectuados ata ese momento con cargo ó proceso de investimento aprobado.

c) O importe que poida satisfacerse por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario de que se trate, nin tampouco supera-lo 80% do total da subvención concedida.

d) Para a concesión de pagamentos parciais será necesario que o beneficiario da subvención acredite xa ter aplicado ó proceso investidor recursos propios na mesma proporción que representa o pagamento parcial respecto da subvención concedida.

e) Os pagamentos parciais quedan condicionados ó resultado da liquidación definitiva da subvención e para estes efectos estarán garantidos con aval bancario ou de entidade aseguradora que se considere suficiente e por tempo indefinido. Este aval estará á disposición da consellería xestora e soamente poderá levantarse unha vez que a subvención se liquide definitivamente de conformidade ou que se xustifique o cumprimento da finalidade e o pagamento do investimento para o que a subvención foi concedida. O dito aval garantirá o principal e os intereses calculados polo xuro legal do diñeiro e por un prazo que medie entre a data de solicitude e o último día no que, de acordo coas normas de concesión da subvención, esta deba ser xustificada.

Quedan exentos deste requisito os beneficiarios que se citan no apartado C) do punto dous deste artigo.

3.-Con carácter excepcional e por resolución motivada da consellería correspondente, poderá autorizarse un anticipo de ata o 50% da subvención naqueles casos en que o investimento esixa pagamentos inmediatos. Unicamente no caso en que o anticipo non supere o importe de 5.000.000 de pesetas ou lles corresponda ós beneficiarios que se citan no apartado C) do punto dous deste artigo non serán esixibles as garantías previstas no apartado e) anterior.

4.-Respecto do Fondo de Cooperación Local haberá que aterse á súa normativa reguladora.

C) De acordo coa natureza e co réxime das subvencións concedidas con cargo ós orzamentos da Comunidade Autónoma, quedan exentas de achega-los xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia:

a) As libradas a favor da Comunidade Autónoma e das súas sociedades públicas, así como dos órganos estatutarios de Galicia.

b) As libradas a favor do Estado e dos seus organismos autónomos, así como dos órganos constitucionais.

c) As libradas a favor das universidades.

d) As libradas a favor das corporacións locais, excepto no referente á xustificación de non ter pendente

de pagamento ningunha débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

e) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudios en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

f) As subvencións ou axudas con cargo ós créditos orzamentarios correspondentes ó artigo 48, «Familias e institucións sen fins de lucro», e aquelas que non superen as 250.000 pesetas individualmente e se concedan con cargo ó artigo 78, «Familias e institucións sen fins de lucro».

g) As subvencións ou axudas que se concedan con cargo ó artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario e axuda o importe de 250.000 pesetas.

D) As ordes correspondentes das consellerías fixarán o prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a vinte días hábiles.

Tres.-De conformidade co disposto no artigo 18.1 do texto refundido da Lei xeral orzamentaria aprobado polo Real decreto lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, nos regulamentos (CEE) números 4042/1989 e 4253/1988, agora integrados no Regulamento (CEE) número 2080/1994, do Consello do 20 de xullo de 1994 (Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca, IFOP), e nas demais disposicións aplicables, correspóndelle no ámbito de Galicia á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma a elaboración e execución dos plans de control sobre beneficiarios de axudas financiadas total ou parcialmente cos fondos comunitarios a que se refiren as citadas normas.

Artigo 36º.-Expedientes de dotación artística.

Á entrada en vigor desta lei, o 70% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial ou con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa Lei 12/1991 lles corresponde ós traballos de dotación artística.

Disposicións adicionais

Primeira.-Afectación de ingresos.

O período de referencia para o cálculo da dotación do fondo de reserva previsto no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica, será o correspondente ó exercicio liquidado anterior ó momento no que se efectúe a dotación.

Segunda.-Información ó Parlamento.

Un.-A Consellería de Economía e Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía,

Facenda e Orzamentos do Parlamento información referente ás seguintes actuacións:

a) Ampliacións de crédito realizadas para atende-lo pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma.

b) Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano, formalizadas pola Comunidade Autónoma e polos seus organismos autónomos ou sociedades públicas, conforme as autorizacións contidas nesta lei.

c) Avais amortizados, pagamentos efectuados por falidos, importes recuperados e risco acumulado, tanto polo que respecta ós avais concedidos pola Comunidade Autónoma coma polos seus organismos autónomos e sociedades públicas.

d) Compromisos de gasto de carácter plurianual adquiridos conforme a autorización do artigo 33 desta lei.

e) Autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do IPC.

f) Concesións de subvencións ou axudas outorgadas polo Consello da Xunta ás que se refiren os apartados b) e c) do punto un do artigo 35 desta lei.

g) Aprobación polo Consello da Xunta dos orzamentos das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ó longo do ano 1999.

Dous.-A Consellería de Economía e Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días, a realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizados conforme o previsto na disposición derradeira segunda desta lei.

Tres.-A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que susbcriba no desenvolvemento da súa actividade.

Terceira.-Canon de saneamento.

Con efectos do 1 de xullo de 1999, modifícase o artigo 35 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, que queda redactado nos seguintes termos:

«Estará exento do canon de saneamento o consumo ou a utilización de auga para usos domésticos nas aglomeracións urbanas de menos de 2.000 habitantes, entendidas estas como aquelas zonas xeográficas formadas por un ou varios municipios, ou parte dun ou varios deles, que pola súa poboación ou actividade económica constitúan un foco de xeración de augas residuais que xustifique a recollida e conducción a unha instalación de tratamento ou a un punto de vertido final. Regulamentariamente determinarase a relación de aglomeracións urbanas que, consonte o antes disposto, non estarán exentas do canon de saneamento. O límite do número de habitantes poderá ser variado anualmente na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma.»

Cuarta.-Transferencia de remanentes líquidos de tesourería.

Os organismos autónomos e as sociedades públicas de carácter non mercantil da Comunidade Autónoma transferiranlle ó orzamento da Administración xeral

da Comunidade Autónoma o importe do remanente de tesourería non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderá limita-los libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria, procedéndose no que respecta a recursos provenientes da Unión Europea, do Fondo de Compensación Interterritorial ou de subvencións finalistas a transferi-los fondos na forma indicada na disposición adicional primeira da Orde do 16 de xullo de 1996 sobre desenvolvemento da xestión orzamentaria dos ingresos procedentes de transferencias correntes e de capital.

Quinta.-Sociedades públicas.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aproba-los orzamentos de explotación e capital previstos no artigo 83 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ó longo do ano 1999.

Sexta.-Complemento variable da renda de integración social de Galicia.

Para o ano 1999 a contía do complemento variable da prestación económica da renda de integración social de Galicia, en función do número de membros do fogar, prevista no artigo 12.2 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, será a seguinte:

-6.622 pesetas polo primeiro membro adicional.

-5.332 pesetas polo segundo membro adicional.

-4.030 pesetas por cada un dos restantes membros adicionais.

Sétima.-Competencia para aproba-los criterios de distribución de determinados créditos.

A distribución dos créditos previstos no estado de gastos dos orzamentos no programa 05.06.811B.760.0 realizarase tomando como criterios básicos de referencia os acordos da Comisión Galega de Cooperación Local.

Os créditos da aplicación 13.05.811B.760.0 serán distribuídos de conformidade co disposto no Plan de parques comarcais de incendios.

Oitava.-Delegación lexislativa.

Autorízase o Goberno para a elaboración do texto refundido da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, no prazo dun ano.

Disposicións transitorias

Única.-Retribucións do persoal contratado administrativo.

As retribucións do persoal contratado administrativo a que facía refere

a que facía referencia a disposición transitoria terceira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, ata que non se conclúa o proceso de estinción previsto na dita lei, experimentarán un incremento do 1,8% respecto das establecidas no ano 1998.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o Consello da Xunta para dictar, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Segunda.-Autorízase a Consellería de Economía e Facenda para que efectúe nos orzamentos da Comunidade Autónoma as adaptacións técnicas que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos ou traspaso de competencias desde outras administracións co fin de crea-los programas, as seccións, os servicios e os conceptos orzamentarios que sexan necesarios e autoriza-las transferencias de crédito correspondentes. Estas operacións en ningún caso darán lugar a un incremento do gasto.

Terceira.-Esta lei entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999.

Santiago de Compostela, vintenove de decembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

ANEXO

Distribución de taxas e prezos

Artigo 4º.d)

ConselleríaTaxasPrezosTotal

(Miles de

ptas.)

Presidencia e Administración Pública (DOG)50.0050.000

Presidencia e Administración Pública (oposicións)500500

Presidencia e Administración Pública (outras)210.030389.208599.238

Economía e Facenda51.06051.060

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda748.5108.680757.190

Educación e Ordenación Universitaria (oposicións)9.5009.500

Educación e Ordenación Universitaria (outras)290.200144.832435.032

Industria e Comercio879.49062.000941.490

Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria209.79043.152252.942

Cultura, Comunicación Social e Turismo67.3405.45672.796

Sanidade e Servicios Sociais210.530975.6321.186.162

Pesca, Marisqueo e Acuicultura150.960150.960

Xustiza, Interior e Relacións Laborais227.18012.648239.828

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (TIVE)120.000120.000

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (carné xove)50.00050.000

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (outras)35.150459.296494.446

Medio Ambiente609.760329.096938.856

Artigo 4º.f)

ConselleríaImporte

(Miles de ptas.)

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Inspección urbanismo medio rural50.000

Cultura, Comunicación Social e Turismo-Inspección Dirección Xeral de Turismo65.000

A) Orzamento da Comunidade Autónoma

Estado de ingresos

Resumo por artigos e capítulos

CapítuloArtigoExplicación do ingresoTotal

1Impostos directos
0Sobre a renda48.369.000
1Sobre o capital17.100.000
65.469.000*

2Impostos indirectos
0Sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos30.500.000
1Documentados3.305.000

CapítuloArtigoExplicación do ingresoTotal

Tributos propios da Comunidade Autónoma33.805.000*

3Taxas, prezos e outros ingresos
0Taxas administrativas3.700.000
1Prezos2.650.000
2Outras taxas10.600.000
8Reintegros1.683.900
9Outros ingresos2.016.100
20.650.000*

4Transferencias correntes
0Da Administración central do Estado404.023.024
2Da Seguridade Social10.941.500
4De empresas públicas e outros entes públicos1.613.919
6De corporacións locais5.000
9Do exterior9.523.627
426.107.070*

5Ingresos patrimoniais
2Xuros de depósitos1.400.000
9Outros ingresos patrimoniais100.000
1.500.000*

6Alleamento de investimentos reais
0De terreos100.000
100.000*

7Transferencias de capital
0Da Administración central do Estado28.390.609
9Do exterior51.617.566
80.008.175*

9Pasivos financeiros
5Préstamos recibidos e emisión de débeda40.886.927
40.886.927*

Total668.506.172

Estado de gastos

Resumo xeral do orzamento de gastos

Cap.-1

Cap.-2

Cap.-3

Cap.-4

Cap.-5

Cap.-6

Cap.-7

Cap.-8

Cap.-9

Total

(Miles de ptas.)

Parlamento1.022.500

601.500

0

219.800

0

248.200

7.500

17.000

0

2.116.500

Consello de Contas474.128

125.025

0

660

0

28.000

0

7.000

0

634.813

Consello da Cultura Galega46.500

148.950

0

21.000

0

13.720

0

0

0

230.170

Presidencia e Administración Pública3.835.444

2.427.866

3.203

3.372.034

0

3.143.184

2.977.340

10.000

0

15.769.071

Economía e Facenda3.112.926

630.497

0

2.020.949

0

1.315.328

11.029.484

0

0

18.109.184

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda3.111.219

344.693

0

1.825.216

0

18.200.573

23.093.829

0

0

46.575.530

Educación e Ordenación Universitaria137.380.241

20.991.603

235.233

53.257.023

0

10.034.593

4.913.618

0

0

226.812.311

Industria e Comercio1.291.436

180.128

0

1.365.839

0

1.184.960

11.179.526

924.000

0

16.125.889

Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria5.824.991

460.287

0

1.137.769

0

8.075.194

19.921.362

380.000

0

35.799.603

Cultura, Comunicación Social e Turismo2.830.559

801.469

0

16.459.042

0

4.531.723

6.307.885

610.000

0

31.540.678

Sanidade e Servicios Sociais10.807.967

5.556.579

0

15.700.989

0

3.300.445

910.222

0

0

36.276.202

Pesca, Marisqueo e Acuicultura3.241.823

576.428

0

437.948

0

3.915.555

12.921.950

0

0

21.093.704

Xustiza, Interior e Relacións Laborais7.455.919

1.322.849

0

1.884.519

0

1.940.072

1.240.881

0

0

13.844.240

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude7.057.953

4.070.433

0

25.432.213

0

1.279.299

540.000

0

0

38.379.898

Medio Ambiente4.592.019

332.158

0

30.300

0

8.842.424

7.460.562

2.403.000

0

23.660.463

Consello Consultivo de Galicia176.944

36.759

0

0

0

19.000

0

0

0

232.703

Transferencias a CC.LL.0

0

0

81.702.000

0

0

0

0

0

81.702.000

Débeda pública da C.A.0

0

30.334.214

0

0

0

0

0

22.866.927

53.201.141

Gastos de diversas consell.872.000

1.225.000

0

0

0

2.055.072

1.500.000

750.000

0

6.402.072

Total193.134.569

39.832.224

30.572.650

204.867.301

0

68.127.342

104.004.159

5.101.000

22.866.927

668.506.172

B) Organismos Autónomos Administrativos (en miles de pesetas)

I. Escola Galega de Administración Pública

Estado de ingresos451.092

Estado de gastos451.092

II. Instituto Galego de Estatística

Estado de ingresos690.365

Estado de gastos690.365

III. Augas de Galicia

Estado de ingresos11.955.503

Estado de gastos11.955.503

IV. Instituto Galego de Consumo

Estado de ingresos705.183

Estado de gastos705.183

V. Servicio Gelego de Saúde

Estado de ingresos304.501.754

Estado de gastos304.501.754

VI. Academia Galega de Seguridade

Estado de ingresos259.472

Estado de gastos259.472

VII. Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Estado de ingresos917.687

Estado de gastos917.687

C) Organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financieiro ou análogo (en miles de pesetas)

I. Instituto Galego da Vivenda e Solo

Estado de ingresos19.968.792

Estado de gastos19.968.792

II. Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

Estado de ingresos13.959.130

Estado de gastos13.959.130

III. Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais

Estado de ingresos792.992

Estado de gastos792.992

D) Sociedades públicas (en miles de pesetas)

Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

(Miles de ptas.)

Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A.31.263.00031.263.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.1.650.0001.650.000

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.2.295.0002.295.000

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.294.000294.000

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.850.000850.000

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.230.000230.000

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo6.512.0006.512.000

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia488.000488.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia747.000747.000

Galioil, S.A.2.0002.000

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.5.256.0005.256.000

Galicia Calidade, S.A.170.000170.000

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia2.839.0002.839.000

Xestión Enerxética de Galicia, S.A.263.000263.000

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.113.000113.000

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.31.204.00031.204.000

Xenética Fontao, S.A.98.00098.000

Retegal, S.A.145.000145.000

Total84.419.00084.419.000

Entidades públicasIngresosGastos

(Miles de ptas.)

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades18.123.00018.123.000

Instituto Galego de Promoción Económica12.094.00012.094.000

Fundación Pública Hospital de Verín1.440.0001.440.000

Portos de Galicia4.664.0004.664.000

Obras e Servicios Hidráulicos, S.A.320.000320.000

Consello Económico e Social137.000137.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía325.000325.000

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira1.547.0001.547.000

Fundación Hospital Comarcal A Barbanza1.475.0001.475.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable890.000890.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria241.000241.000

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde127.000127.000

Total41.383.00041.383.000

11895