Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.844

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 30 de novembro de 1998 para a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turísitica de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., (Turgalicia) anuncia a convocatoria

para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

A.-Posto: operador de informática (REF. 2OPI-TUR)

1) Funcións principais: tarefas de introducción de datos, escaneo de fotografías e apoio na creación de páxinas web.

2) Prazas: 1

3) Requisitos:

-FP II ou equivalente.

-Experiencia en programación de, polo menos, 6 meses.

-Dominio de Word 97, Excel 97 e Access, 97.

-Mecanografía.

-Coñecementos de galego e francés, falado e escrito.

Valorarase:

-Currículum vitae.

-Coñecementos de Photoshop 4.0 e manexo de escaneo de fotografías.

-Capacidade para integrarse en grupos de traballo.

5)Probas que hai que realizar:

-Proba de coñecementos de Word 97, Excel,97 e Access 97.

-Mecanografía.

-Proba de coñecementos de idiomas: galego e francés.

-Proba de coñecementos de Photoshop.

-Entrevista

B.-Documentación que hai que presentar:

-Solicitude (hai que indicar no sobre a referencia, dirixida ó xefe da Área Económica e de Persoal de Turgalicia (estrada Santiago-Noia, Km. 3. A Barcia. 15896 Santiago).

-Currículum vitae.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos nel. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

C.-Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

D.-Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1998.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia S.A.