Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.844

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CÁMARA DA PROPIEDADE URBANA DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de orzamento para 1999.

En concordancia, por aplicación práctica do artigo 21 do Regulamento de cámaras da propiedade urbana de Galicia, do 20 de xuño de 1991, encóntrase en exposición pública o proxecto de orzamento desta cámara para o próximo exercicio de 1999, elaborado e aprobado inicialmente pola xunta de goberno desta, na súa sede social, rúa Uruguai, 4-2º, das 9 ás 14 horas, durante o período de 15 días, contados a partir da publicación deste anuncio, para que os propietarios asociados, logo de xustificación de estaren ó día no pagamento das súas cotas, poidan examinalo e presentar, se é o caso, as reclamacións e observacións que considere petinentes.

Vigo, 28 de outubro de 1998

Casimiro Durán Gómez

Presidente

11322