Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de 10 implantes cocleares (S-2/99).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3.a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: nos hospitais que sexan determinados polos responsables do Servicio Galego de Saúde.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse:

-Subministración de implantes cocleares.

-10 implantes.

Orzamento total: corenta millóns de pesetas (40.000.000 de pesetas), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: pola totalidade.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 7 días naturais, contados desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 25 de xaneiro de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 1 de febreiro de 1999.

b) Dirección á que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.(División de Recursos Económicos do Servicio Galelgo de Saúde). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º piso, 15771 Santiago de Compostela.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte), a partir das 9.30 horas do 12 de febreiro de 1999.

8. Garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: contra presentación de factura pola cantidade subministrada en cada envío, logo da conformidade prestada polo servicio que promove a contratación.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: Unión Temporal de Empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver anexo IV o prego de cláusulas administrativas.

14. Admisión de variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicadas no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 9 de decembro de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

11740