Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 15 de setembro de 1998 pola que se recoñece a Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) como entidade colaboradora en materia de formación non regrada náutico-pesqueira.

O Decreto 428/1993, do 17 de decembro, polo que regula e refunde a normativa en materia de formación náutico-pesqueira, establece no seu título III as condicións para a realización da formación non regrada náutico-pesqueira. Regúlase neste apartado a figura da entidade colaboradora para imparti-los ditos cursos e o procedemento para o seu recoñecemento.

Realizada pola Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) a solicitude deste recoñecemento, e tendo en conta o seu carácter de sociedade estatal así como o obxecto social que establece o artigo 88 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas

fiscais, administrativas e de orde social, e atendendo ós informes técnicos emitidos,

RESOLVO:

Artigo único.

Recoñecer como entidade colaboradora da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en materia de formación non regrada náutico-pesqueira para os cursos de mariscador, competencia de mariñeiro, patrón local de pesca, patrón costeiro polivalente e os que correspondan de formación continua, á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) con NIF A-26.476.208, e domicilio en Galicia na Vía do Tambre 29-31, polígono do Tambre en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

11299