Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 30247).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966 do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo social na Avda. de Arteixo, 171,

(A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Ampliación da subestación eléctrica da Mourela, no concello das Pontes de García Rodríguez, consistente en:

Nova posición de liña, a 132 kV, denominada Muras; instalan dous pórticos estructura metálica.

Interruptor, transformadores de intensidade e de tensión, seccionadores tripolar.

Aparellos para telemando, control, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña 17 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11008