Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/91-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Calvo Sotelo.

Situación: Curtis.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 125 m de lonxitude en entronque paso aéro subterráneo inmediacións rúa Penedo e remate no C.T. rúa Penedo que se va instalar de 552 m de lonxitude, con orixe no C.T. rúa Penedo e remate no C.T. Calvo Sotelo existente de 765 m de lonxitude, con orixe no C.T. Calvo Sotelo e remate no campo da feira existente. Centro de transformación en caseta prefabricada de 250 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV en rúa Penedo de Teixeiro. Redes subterráneas de baixa tensión a 380-220 V baixo tubo e con conductor R.Z., en seccións de 240 mm Al e 625 m de lonxitude. Curtis.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 13 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11009