Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de convocatoria pública de prazas.

Este anuncio serve, en cumprimento do establecido no artigo 233.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, para publica-la convocatoria das seguintes prazas, incluídas na oferta de emprego público deste concello pertencente ó exercicio de 1998.

a) Funcionarios públicos:

-1 praza de encargado xeral de servicios municipais.

-1 praza de técnico especialista administrativo (área económico-financeira).

-1 praza de técnico especialista administrativo (área de cultura, deportes, benestar social e desenvolvemento económico).

-1 praza de técnico especialista en informática de xestión.

-1 praza de cabo do servicio de extinción de incendios, salvamento e protección civil.

b) Persoal laboral fixo:

-2 prazas de socorristas e persoal de apoio ó servicio da piscina municipal.

-1 praza de responsble de mantemento do servicio da piscina municipal (mecánico de mantemento).

As bases íntegras que rexerán estas convocatorias e os respectivos programas foron publicados no BOP de Lugo nº 253, correspondente ó 4 de novembro de 1998, cunha corrección de erros publicada no BOP nº 259, do 11 de novembro de 1998.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais desde a publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado

Os seguintes anuncios publicaranse no BOP ou no taboleiro de edictos do concello, segundo corresponda.

Cervo, 20 de novembro de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

11120