Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CATOIRA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Catoira, na súa sesión do 24 de xullo de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido polo Arcebispado de Santiago de Compostela para o establecemento de aliñacións e ordenación de volumes no lugar da Igrexa (Catoria) e redactado por A.D.I.U., S.L.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á última publicación deste acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, o que se deberá comunicar previamente a este concello, segundo o establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Catoira, 18 de decembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10857