Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso de execución, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da asistencia técnica que se cita.

a) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para dirección de obras e control no concello de Vigo.

Clave: A.T./109.

Orzamento: vintenove millóns oitocentas corenta e catro mil duascentas corenta e oito pesetas (29.844.248 ptas.).

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declarada urxente segundo o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de bases estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, avenida Rodríguez de Viguri nº 47, baixo B, de Santiago de Compostela.

d) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea a) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará as doce horas do décimo terceiro día, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos ás dez horas do sexto día, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los concursantes.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1998.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente da empresa pública de Obras

e Servicios Hidráulicos

11061