Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio de elaboración e reproducción do material para o curso multimedia de metodoloxía didáctica.

Esta dirección xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente: 50/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de elaboración e reproducción do material para o curso multimedia de metodoloxía didáctica.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: período máximo de 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 34.500.000 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación (1.380.000 ptas.)

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 56 14.

e) Fax: 981 54 46 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata que remate o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: categoría C, grupo 3, subgrupo 3.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do mencionado rexistro.

c) Lugar de presentación.

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-Domicilio: San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó de finaliza-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos do anuncio.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1998.

J. Jaime López Cossío

Director xeral de Formación e Colocación

11682