Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 10188/98 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: realización dun estudio en tódolos concellos da provincia para cuantifica-lo problema da demencia senil e a súa localización-distribución.

Lugar de execución: deputación provincial.

Prazo de execución: sete meses contados a partir da data da formalización do contrato en documento administrativo.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 3.000.000 de ptas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 120.000 ptas.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 17 de decembro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

11630