Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 6032/1998, do 1 de decembro, aprobouse o expediente administrativo, por medio de poxa con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a contratación da obra denominada construcción dun tramo da rede de auga e da sumidoiros en Lourido Grande - III fase (Dorneda), por un importe de 10.900.000 ptas.

O prazo para a presenteación de ofertas será de trece días naturais contados a partir do mesmo día de publicación do anuncio da licitación no BOP ata as 13 horas.

O prego de cláusulas administrativas particulares poderá recollerse na Secretaría do Concello de Oleiros, de 9 a 13 horas.

Oleiros, 2 de decembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa

11633